jueves, 9 de noviembre de 2023

O partido co Braga.

 Uns apuntiños do partido de onte co Braga.



Unha nova fase de grupos superada, creo que lín o dato de 32 de 32, os únicos con tanta participación que sempre pasamos fase de grupos. Cun puntiño co Napoli seríamos campións de grupo, nin tan mal.

Tamén sacamos en limpo que Brahim como propoñíamos no blog está para axudar, outra titularidade e outro goliño. Das tres que tivo dúas foron gol( un anulado) e a outra unha boa ocasión. Para un rol coma o de Asensio estes anos, penso que debería darlle se o mister ten a boas darlle oportunidades. Ten menos gol ca Marco, pero ten máis gañas có último Asensio, e un bo desborde e pase o oco. Desfondouse e quixo agradar de máis por iso arriscou a veces en zonas que non debería. Os que protestan que o trocara Carlo, aquí pensamos que a bo seguro estaba morto, nin tan mal, merece oportunidades.

Con Lunin un pouco do mesmo, non entendemos porque foi tan fácil para Carlo quitalo do once despois de dúas boas actuacións e non darlle ningunha outra oportunidade, porque non lle gustará a Llopis. Onte parou o que tiña que parar, mostrouse moi tranquilo e incluso fixo un regate no área. Kepa non é mellor ca el, ( experiencia, reflexos, xogo de pé?) , por alto mellor o ucraíno, en definitiva niveis parellos. Sempre pensei que non xoga porque remata contrato no 2024 non o vamos renovar e non queren facerllo para outros. Un xogador que por aquí pensamos, que o igual que Kubo, Reinier e outros o non saber atoparlles un bo club para a cesión no seu día tiroulles anos de carreira. Non é Tibú obviamente pero a pouco que teña sorte vai facer carreira, non vos extrane que na Premier.

Kepa supoñemos que voltará despois do parón, así que Diego e Fran ou Lucas irán convocados contra o Valencia. Aínda que onte na Youth non xogou Fran e tampouco Ferrán, xogou Álvaro con 16 anos cousa rara, porque Fran gustoume as veces que o vin. Kepa está ben fichado ollo, e bueno está rendindo o esperado, pero hai que ser un pouco xustos con Lunin tamén, merece algunha oportunidade.

O de Lucas é insostible, un desastre o tío, primordial o fichaxe dun lateral dereito para a tempada próxima. Que non teñamos un lateral dereito na canteira mellor ca el manda truco. E non o temos porque cada vez que vexo un partido do filial ou do xuvenil, tírome dos pelos, quitando a Nico ou Gonzalo para un apuro pouco temos. Quizais se tivéramos un central pois podería ter Nacho os minutos no lateral, ou con tódolos medios pois Fede, quen sabe.

Cama e Fede son dúas maquinas sobrepasando liñas co balón nos pés, desfán a calquer equipo, da gusto velos nesta faceta, se son quen de mellorar outras, xogadores de culto.

Si onte non xogou Guler, nun día no que incluso o Carlo puxo a Nico, significa que non está para xogar, non vos rompades máis a cachola. O Carlo é un cagón, pero si estivera para xogar dáballe cinco minutiños. De feito foi dos que non xogou, xunto cos do descanso, Alaba e Jude.

Vai ser outro Ceballos e vivir lesionado, pena me da. Por certo criticades moito a Mendy, que tamén é dos que vive lesionado, pero o tío en forma é Top por moito que non vos guste, xogador moi querido neste blog se non fora polas lesións. Sinceramente non entendín que puxera a Carvajal que é outro que vive lesionado, tampouco que non lle derá máis minutos a Nico, pero bueno el saberá. Lía que leva a Guler convocado para non ter que levar a Gonzalo e que marque un gol na primeira que teña e lle fastidie o seu sistema de minutos como fixo Brahim, pode ser.

Todo son suposicións e o Braga xoga dunha forma que nos ven de luxo, a ver o sábado co Valencia que tal nos vai. Saberemos realmente si todo o de onte foron espellismos, ou se os brasinenos están voltando, se Brahim vai ter minutiños, se Guler vive, e que tal se desenvolve Lunin. Por certo un día baixar a Jude e darlle seu posto a Brahim tamén se pode probar. Hai que premiar a xente con minutos de verdade que van facer falta todos.

Por certo nunha semana limpa, xogamos domingo, mércores e sábado, vaia horarios nos coloca a Liga que tanto controlamos.

P.d. : Harry Kane leva 19 goles xa, sempre de Harry, coma no seu día de Lukita e Gareth.


Anteriormente:

As redes e o Raio.

Apuntiños do Clásico.


No hay comentarios:

Publicar un comentario