martes, 23 de mayo de 2023

O gran Camiño. Muxía.

 Pois xa temos rival e camiño para o Muxía na busca do ascenso a Primeira Galicia. Iniciamos o noso Gran Camiño o domingo as 17 horas fronte ao Cacheiras. Vamos encher a Arliña o domingo, bo lugar para pasar o día das municipais.



Xa viñemos explicando dende que o Muxía entrou na fase e despois cando acadou a segunda praza como era o sistema de competición e como se prevía o cadro. Agora xa sabemos todo.

Os cuartos de final dispútanse a partido único na casa do mellor clasificado. 

Os enfrontamentos serán:

1) Bertamiráns FC - CD Estradense B

2) Muxía CF - SD Cacheiras

3) Vea CF - SD Urdilde

4) SD Valiño - Corme CF.

As semis a partido único tamén o día 4 de xuño na casa do mellor clasificado:

Gañador 1 vs Gañador 2.

Gañador 3 vs Gañador 4.

A final a dobre partido e a ida disputarase o día 11 xuño a volta o 18.

O gañador será o único equipo que ascenda a Primeira Galicia.



O rival do Muxía o domingo será o Cacheiras como ben dixemos. O Cacheiras en 34 partidos acadou 75 puntos. Con 89 goles a favor e 34 en contra. A domicilio que é o que nos interesa neste caso acadou 10 triunfos, 3 empates e 4 derrotas. O Cacheiras foi terceiro clasificado do grupo Santiago 2.

Non perde en liga dende o 26 de marzo fronte ao Estradense B, outro equipo que está na nosa parte do cadro.

Para poñer en perspectiva o Muxía foi segundo con 63 puntos en 30 partidos, con 84 goles a favor e 33 en contra. Coma local 11 triunfos, 3 empates e unha derrota. 

De pasar rolda o Muxía enfrontaríase ao gañador do Bertamiráns vs Estradense B. De ser o Bertamiráns sería a domicilio xa que por coeficiente terían eles vantaxe de campo, pero iso será outro conto se saímos vivos do domingo.

Tocará encher a Arliña para dar o primeiro pasiño.



Por certo o partido de Copa da Costa fronte ao Soneira xogarase o martes día 30 a partires das 21 horas nas ID de O Conco en Dumbría. Sabemos que o club intentou xogar na Arliña a partires das 19 horas para pola falta de luz poder xogar no noso campo. Pero claro iso implica que os xogadores tiveran que estar polo menos as 18 horas no campo en día laborable, algo moi difícil, como somos conscientes. Parece un partido retro como cando Juan adestraba no barco.  Tocará viaxar.

Unha reflexión final, levo indo a Arliña dende que sou un neno, primeiro co meu pai, despois para ver ós veciños, máis tarde para ver ós amigos e actualmente para ver xa ós fillxs dos amigos. Axudei o club na medida do posible cando mo pediron. Vin a Arliña pechada de táboas, e de muro e sempre nos dicían que a iluminación chegaría a Arliña o próximo ano, que xa faltaba pouco.

 Pero si que a luz molestaba ós mercantes e non podía ser, que si non daba permiso costas, que si non chegaba o entramado ata alí..... moitas excusas e poucas realidades. Non sei como chegou a luz o Parador, ou o H. Patiño de Camariñas, tampouco porque esas luces non molestan ós mercantes e as da Arliña si. Unha pregunta que fixen e fago durante anos pero que nunca atopa resposta. A ver si alguén na sala ma pode aclarar dunha vez.

Un servidor traballa e non creo que poida ir a ningún dos dous partidos pero os que poidades ide animar.

Anteriormente:

Algo máis.....

Pildoriñas de ascenso.

Sementar . 



No hay comentarios:

Publicar un comentario