jueves, 13 de julio de 2023

O banco da lonja. O filial en Muxía.

 Despois dun tempo volven os nosos amigos do banco para contarnos un conto.



Era alá polo ano 2003 nunha colurosa tarde de agosto, parece ser que era día 16 chegaba a Muxía todo un Real Madrid B para enfrontarse ao Compostela no torneo do avogado muxían Manolo Martín.

Manolo Martín traía a ambos conxuntos para acadar fondos para fillxs de mariñeiros afectados con motivo da catástrofe do Prestige.

Dinnos no banco que fora todo un acontocemento no pobo a chegada de todo un Real Madrid aínda que fora un filial e rememoran os tempos nos que Bernabéu veraneou na vila da Barca.

Gradas supletorias, gaitas, música e moito sombreiro de palla. Sobre uns mil trescentos siareiros acudiron a cita contaban os nosos colegas, cifra moi similar a da semi de Copa do 2022 fronte ó Fisterra.

Aínda que non se lembren moitos con aquel Castela viñeron xogadores despois coñecidos nas diferentes categorías como Codina, Mejía, Arbeloa, Juanfran, Adrián Quintairos, Miguel  Palencia, Paredes, Olalla, Toni Moral,  Riki ou Soldado, un filal adestrado por López Caro. Pero nos que xogaron aínda que non viñeron por diferentes motivos outros coma Jurado, Trashorras, Diego López, Marcos Tébar, Diego León ou Antonio Núñez.

Naquel Compos aínda estaban os Fabiano, Pignol, Jesús, ou míticos do fútbol galego do En Xogo coma Fidalgo, Fran Caínzos,  Luilli, Julián, Bossa, Rodri ou o laxense Anxo.

O árbitro foi outro mítico como Evaristo Puentes Leira o cal foi "fichado" por García de Loza.

O resultado do partido fora de dous a dous, con goles polo Compos de Jesús e Fabiano de penal, e polo Castela de Álex e Adrián Quintairos. Nos penals definitivos o Compos gañou por catro a tres marcando o mitiquísimo  Pignol o penalti decisivo para o Compos e polo Castela erraba Miguel Palencia agora comentarista de Real Madrid TV.

Recordemos que aquel Compos viña de descender a Segunda B por motivos económicos.

Pero aínda que durante aquela semana os rumores dicían que visitarían a vila xogadores do primeiro equipo ou incluso Florentino Pérez, quenes si viñeron foron o directivo Otero Lastres e a gran atracción incluso por enriba dos xogadores Emilio Butragueño Santos.

O Buitre xa retirado pero era un ídolo de masas para moitos. Canto pagaría Pep por un Butragueño na actualidade. Ese futbolista que dende o seu posto de segundo punta ou mediapunta, facía todo o que agora din que fai un falso nove. Baixaba a sumar un home no centro do campo e asociarse, deixar o central sen súa marca, aparecer no área por sorpresa, marcar goles e regalarllos a Hugo. Ese regate en corto, seco dende parado, no área, rodeado de rivais foi o que o diferenciou dos demais. Nótase ven que era un ídolo para o que escribe.

Que foi protagonista segundo nos contan os nosos maiores da anécdota do día. Xa que con motivo do partido descubriuse na Cruz un monolito de agradecemento a ambos equipos con motivo do XX Trofeo Manolo Martín se non nos contan mal. Pero claro cun erro tipográfico de aupo que deixou ó Buitre sen aire, xa que o escultor puxo Real Madrid F.C. en lugar de Real Madrid C.F. e claro como ben sabedes na Pedra non podemos poñer típex, nin poñerlle un cartel modificando como nos aclaran no noso banco. Pero Emilio coma sempre elegante restoulle importancia ó feito e alí sigue na Cruz con ese curioso erro para quen queira velo. Desconocemos quen era o escultor pero moito non se informou o pobre.

P.D. : Coméntanos Radio Taxi que o speaker a pé de grada foi: Xosé Luis Blanco Campaña que "abroncou" ós xogadores de ambos equipos despois dun rifi-rafe: "..mellor lles sería ós xogadores  predicar co exemplo e gardar forzaas para o tempo suplementario...".

Con que novo conto nos inspirarán os nosos maiores do banco?

Anteriormente:

O cantante.

A final de Copa.

O título.

A liga do capelán.

Bernabéu en Muxía.

Doutor Toba.

Os árbitros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario