domingo, 19 de noviembre de 2023

Lesións.

Aínda estamos a metade de parón de seleccións e ó Madrid xa se lle fastidiou o ano. Se estás lesións non lle costan a liga será moi meritorio.




A día de hoxe están na enfermería: 

Courtois: Tempada perdida.
Militao: Tempada perdida.
Güler: Desaparecido en combate. Parece ser que foi para Turquía, iso da a entender que vai para longo.
Vini: Febreiro mínimo.
Cama: Mediados de xaneiro mínimo.
Tchou: Xaneiro mínimo.
Kepa: A ver si para o Cádiz ou a seguinte.
Jude: A ver si para o Cádiz ou a seguinte.
Ceballos: A ver si para o Cádiz ou a seguinte.

E claro os de longa duración unha vez volten terán case outro mes para coller o ritmo.  Sen facer moito máis análise quedamos sen a columna vertebral do equipo, para estes momentos chave. Perdémolos nun parón de seleccións, nun adestramento para un partido contra Xibraltar coma Cama, unha risa vaia. Sen cinco titulares. E que non se lesionen máis nestes días. 

Para Cádiz temos a Rodry e Fede con viaxe dende outro continente e creo que Nico Paz tamén porque está ca sub 23. Por certo despois de que curen uns cuantos, alá por marzo outro paronciño de seles para que se volvan a lesionar.

Quedamos para un par de meses con: 

Kepa ( tocado) e Lunin para portería.

En defensa de momento todos os que temos pero claro Alaba, Carva e Mendy son moi lesionables. Nos coidando a Alaba para despois que xogue 90 minutos con Austria. 

Lucas e Carva para o lateral dereito, coñecendo a Carlo, Lucas vai xogar arriba algunha que outra vez. Nacho, Alaba, Rudi de centrais. En outras cincunstancias igual Alaba podería xogar algún día no medio. Pero como non trouxemos ninguén por Mili pois non. Fran e Mendy para o lateral esquerdo.

No medio temos a Ceballos ( habitual de enfermería para máis INRI) e Jude tocados, con Fede e os dous velliños Toni e Lukita.

Para arriba tan solo tres Joselu, Rodry e Brahim.

Por iso decía estes meses que necesitábamos algo para arriba, porque non estamos libres de lesións e arriba andamos moi xustos, a lesión de Vini é un drama. Non creo que vaiamos a gastar un peso en xaneiro, pero malos resultados ata o parón poden traer algo, quen sabe si unha cesión.

Non queda outra que apretar o cú e sacar adiante isto, haberá oportunidades para todos. Unha crise é unha oportunidade. Vamos a ver de que pasta están feitos os Rodry, Brahin e Ceballos que son os que teñen que amosar cousas. Toca sobrevivir.

Tamén debería ser o momento dos xogadores do filial aínda que con Carlo o tema é difícil, pero a ver se despunta algún. 

Para o medio pois Edgar que pode xogar de central ou medio pensamos que vai entrar nas convocatorias a partir de agora. Outro medio defensivo é Mario, que o ano pasado incluso foi o Mundialito se non recordo mal, está tempada iniciou lesionado e non está a ser indiscutible con Raúl. Outro medio é Manuel Ángel, un box to box, algo liviano para a elite. O máis coñecido é Nico Paz que xa debutou con Carlo, que pode xogar no medio ou "arriba", supoñemos que vai ser o que máis minutos vai xogar.

Arriba, Gonzalo que pode xogar en calquer posto e un vello coñecido coma Álvaro, supoñemos que nestes nomes nos moveremos. Peter Federico tamén podería ser pero está o seu nome preto do Valencia din, a ver que sucede.

Kepa (Lunin), Carvajal (Lucas), Rudi, Alaba (Nacho), Mendy (Fran), Toni, Lukita, Fede, Jude (Ceballos), Joselu, Rodry (Brahim). Nesto e cos chavales nos vamos a mover dous meses, lesións, sancións, golpes a parte moi xustiños andamos.

Un bonus track:

O outro día vía que Harry Kane é o xogador con mellor diferenza entre goles e goles esperados nas últimas dúas tempadas nas cinco mellores ligas.

Cun +12,9 ( 45-32,1) , o cuarto mellor esta tempada cun +4,4(15-10,6) e o mellor a pasada cun +8,5 ( 30-21,5)

Por outra banda o xogador coa peor diferenza é Rodrygo, cun - 8,1 ( 10 - 18,1). O terceiro peor esta tempada cun -3,4 (1-4,4), e o cuarto peor a pasada cun -4,7(9-13,7). 

Os 45 goles de Kane son en 4273 minutos, un gol cada 95 minutos en liga. Os 10 de Rodrygo son en 3178 minutos, un gol cada 318 minutos en liga. Foi antes de este fin de semana co cal por exemplo non están contabilizados os dous goles ó Valencia de Rodry.

Kane leva 17 goles na Bundesliga en once partidos, superando a marca de Lewan que erá de 16, superará os 41 do polaco?

Os datos son sacados de Opta a través de DonShelby.

Ben sabedes por aquí que un servidor sempre controlou moito ós Spurs, por Bale, Lukita e demais. Sabedor era de que Kane era o máis parecido no mercado a Karim, ademais de gol, relacionase bastante ben co xogo. Pero non o podemos comparar a Rodrygo, como el mesmo dí non lle gusta ser dianteiro, súas preferencias son ou pola esquerda ou segunda punta, vai ter tempo para amosarnolo. Confiamos moito en Rodry, a culpa non é del se non trouxeron dianteiro.

Unha xestión responsable debe considerar tódalas variables, non so as deportivas. Kane quería soldo de Top, contrato de longa duración, bo para el, igual non tanto para o club, traendo tamén a Jude. A política do club é outra aínda que a curto prazo se teña que pagar un peaxe. Con tódalas boas estatísticas que ten Harry e a calidadde que atesoura, prefiro buscar xogadores no que o risco de verche enliado nunha operación sexa moi inferior, pero había que traer algo. 

A veces confundimos que se recoñeza a Harry coma un bo xogador, con que sexa unha fichaxe para o Madrid dadas as condicións presentes... idade, salario, amortización, retorno da inversión, voltar a vendelo, Hazares, Jovic....Kane é un excelente xogador pero cunha idade na que o Madrid, non adoita tomar riscos. Flo non pensa coma nos os siareiros e aquí reside a diferenza.

O cal non quere dicir que Rodrygo por esta xestión leva comendose o ano pasado e iste minutos facendo de Karim sen selo. Ningún é Karim, pero outro xogador arriba era necesario, mercado, cedido ou do filial pero era necesaria outra solución, agora vainos tocar improvisala. A ver se vemos cousas diferentes estes meses. Unha pena o do ollomoliño porque podería ter minutos. Somos moito dos brasinenos neste blog, sempre dixemos que Rodry non tiña o potencial de Vini pero estaba claro que era un xogador notable, vamos ver se da un paso adiante. En Champions é un home con moito gol.

En troques Joselu ten números moi bos, parecidos ó supernoruego, a ver como sae estes meses.

Aínda vamos botar de menos a Odriozola, Hazard e Mariano para que se coman o Karma das lesións.

P.d.: Hoxe tedes ó Castela en RMTV as 20 horas por se queredes ver algún.



Anteriormente:










No hay comentarios:

Publicar un comentario