No día de hoxe decidín publicar esta carta para o público en
xeral, tentando poñer en valor os
esforzos e dificultades cas que se atopan para competir un grupo de rapazas nun
deporte que moit@s entendían de homes aínda que elas amosaron todo o contrario.
A CARTA :
O domingo minutos despois de rematar a Final do Campeonato de España miraba para as vosas caras e facíase difícil non emocionarse. Ver
chorar dende a máis veterana ata as máis xóvenes foi un momento complicado.
Supoño que doía o resultado, doía telo tan preto e que se
fose das mans, ou máis ben dos pes . Doía máis que nada quizáis defraudar os pais, nais, familia ,
amigos……. Non vos equivoquedes eles deben e están moi orgullosos de vos. Mellor
ca nadie saben polo que pasástedes para chegar alí.
Foron case oito anos
de entrenamentos, pasástedes por Coristanco, Agualada, Baiñas, Vimianzo,
Muxía…………….. , tantos e tantos km que eles fixeron o voso lado ou no voso
corazón. Partidos en recónditos lugares, esas “maravillosas” viaxes a Sobrado, Mabegondo, Esteiro, Boqueixón,
Marcón, Guntín, Castrelo, Ribadeo, Bembrive ………., cada unha terá a súa
localidade “preferida”. Tantas e tantas anécdotas.
Aqueles comenzos nos que había máis xente na porta do
pabellón que dentro. Pero pouco a pouco , pasiño a pasiño, fostedes crecendo (
tamén físicamente ) e con vos o equipo e
tamén o apoio. Pasástedes de dez personas no pabellón a máis de dúascentas. De
non ter casi nadie nin nos partidos da
casa a que madrugaran por vos, a que viaxaran con vostedes. Eso tamén é un
título, eso conseguistedelo vos. Que a prensa se preocupe por chamar para saber
o voso resultado, a saír día tras día nela.
Xa quererían moitos equipos de supostos “galácticos” costeiros masculinos ter a xente que tendes en moitos
dos vosos partidos. E eso que a eles
regálanllo todo, para eles todo é moito máis fácil e incluso na última das categorías moitos cobran, incrible pero
certo.
Xa lle gustaría a moitos ser Campeóns Galegos, chegar a
Final do Campeonato de España, chegar a Final da Copa Autonómica. Ganar
deportivamente o ascenso a Segunda División do fútbol sala femenino español, no
económico xa se verá. A inmensa maioría deles nunca poderán nin acercarse a
vivir momentos como eses. Triunfos dese tipo.
Quen de nos non firmaba alá por Agosto os resultados que
conseguístedes ata o día de hoxe e aínda queda unha Final nesta tempada e si
deus quere moitos momentos que disfrutar e tamén sufrir, nun futuro.
Co paso dos días,
meses , quizáis anos valoraredes moito
máis todo o acadado, todo o vivido. Recordaredes as gominolas de Barca e o seu
paraíso culinario cheo de pasta e lechuga, os irmáns de Patri, a animosa prima
de Oly, as notas de selectivo nun vestiario , aquela persona que nunca pensástedes
que vos fora a ver, ou aquelas que vos dan a noraboa porqué vos virón no
periódico, nunha web, nunha foto tuenti, no facebook…… e que nin sabían que
xogábades o fútbol sala , o conserxe e o seu alento a “ juiskiño” , a competición de masaxes de
Noelia , a min rompéndovos a cabeza….. ………. E sobre todo a remontada o
Emeritense , pero recordarédelo, cada unha terá o seu momento na memoria.
Cada unha ten o seu
gol no Campeonato de España, excepto Ylenia que terá o seu golpe no ollo,
jaja, as porteiras recordarán unha parada. Mención
aparte para Elsa que non pudo disfrutar destes momentos sobre a pista, viviunos
incansable dende o banco, quererá ser entrenadora?
Xa que como ben dixo Myrella
: “ Pode facer que toques o ceo e pode
facerte caer no inferno. Pode facerte chorar de alegría , enfadarte, saltar de
emoción, poñerte dos nervios, chorar de rabia, de impotencia, de tristeza….. …Pode
ser xusto e pode que non. Pero así é o fútbol e esa é a súa grandeza. Queda
mirar para adiante e quedarse cunha experiencia inolvidable. Levantarémosnos
con máis forza que nunca como xa o fixemos máis veces “.
Levades esperando
estes momentos dende que empezástedes a practicar este deporte , e todo o que
ocurre é fruto do voso traballo, da dor que fóstedes capaces de soportar.
Tantos e tantos sacrificios e tantas derrotas inevitables.
Pero señoritas así se construen os soños, esa
é a maxia que vos convirte en ilustres campeonas.
Fdo : Un servidor , socio n º 5 do Fisober.
Unha carta que as xogadoras do Fisober xa coñeceron alá a
finales de Xuño días despois de perder a Final do Campeonatode España e para tentar animalas ante a Final de Copa Autonómica que aínda lles
quedaba por disputar.
Unhas rapazas de diferentes localidades da Costa da Morte a
cal representarán na vindeira tempada
por todo o Norte de España na Segunda División do fútbol sala femenino.
Competirán en desigualdade de condicións cos outros equipos
pero a bo seguro ca maior das ilusións. Limitadas na posibilidade de entrenar e
nas posibilidades económicas,nun clube tan humilde que ata elas se pagan a
ficha, fronte a moitas rivais que cobran por
xogar.
Unhas xogadoras que na súa maioría chegaron o clube cando se
fundou o 4 de Setembro de 2004, sendo uns “garbanciños” como di o
presidente e oito anos despois o levaron
a Segunda categoría do seu deporte, do deporte o que aman. Un grupo cunha media
de idade de 21 anos no que solo 3 xogadoras superan esa idade.
Necesitarán todo o voso apoio para unha dura e trepidante
tempada na que dara comenzo o
venres 24 de Agosto co primeiro entrenamento #AléFisober.
VIDEO A POLA LIGA.
VIDEO A POLO CAMPEONATO DE ESPAÑA.
FISOBER , QUERES XOGAR ?
FAITE SOCIO.
FISOBER NA COPA XUNTA.
VIDEO A POLA LIGA.
VIDEO A POLO CAMPEONATO DE ESPAÑA.
FISOBER , QUERES XOGAR ?
FAITE SOCIO.
FISOBER NA COPA XUNTA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario