Despois da picada de onte do Madrid as redes andan frustradas, apañamos algo para vos:
Introducción:
A tempada pasada nestas datas Karim levaba 5 goles, Vini 10 goles e Rodry 7. Nesta tempada Joselu 5, Vini 3 goles e Rodry 2 goles. Se houbera outros igual poderían comer banco algún que outro.
Benapampa: " De verdade non tedes gañas de ver un Madrid mellor? Un equipo que impoña seu plan, que domine, non se conforme e sexa atractivo? Levamos anos sendo bastante planiños no día a día.
O drama non é que Joselu non teña o nivel, o drama é que o ano de Rodrygo e Vinicius non é de titular do Madrid."
Holden: " Algúns viron o típico partido no que o Madrid crea vinte ocasións de perigo, achica ó equipo contrario perante toda a segunda metade, convirte o porteiro contrario en Gordon Banks e remata 0-0. Eu, dende logo, non vin ese partido."
Eloy Lecina: " No fútbol moderno hai técnicos que saben que ladrillo hai que tocar para derrumbar un muro. No RM o plan de partido é deixar a Vini solo estampándose contra el. E agora, que non sale case nada, hai que levalo ó sicólogo porque se frustra."
Javicrossman: "O nivel medio da Liga é tan pobre que un equipo cas sobras do City permítese ir líder. Por suposto que temos ocasións contra o Raio, como non as vamos ter. Pero é que un bo Madrid ten que meterlle 5 ó Raio a medio gas."
Falemos do rombo como xenialidade táctica. Vaise Karim e non traen a ninguén. Fichan a Belli que ten chegada, pois mételo de MP/falso 9 ramdom e deixo o medio coma está. Así como hai 7 medios, pois tense un posto para repartir máis minutos. O comportamento dos laterais é igual ca con 433, aínda que non teñen cobertura. Jude non sabe se pecha con medios ou presiona arriba. Ninguén apoia laterais e solo Jude carga ben o área. Vini comenza por dentro, e desespera e vai fora, pero está desesperado. E quereo solucionar solo, ofuscado. O final nin Jude, nin Vini, teus dous mellores xogadores non están optimizados. Como son moi bos, fan números. Peron non hai nivel global.
Onte ninguén atacou as costas dos medios do Raio. Non houbo profundidade algunha. Ante a falla de esta claridade, Klopp sole dicir que a presión alta é o mellor mediapunta. Pois un equipo con Fede, Cama, Tchu non sabe presionar. Esta é a xenialidade táctica de Carletto.
O igual ca morte, os resultados non son xustos ou inxustos. Os resultados son. Pero dos mesmos podemos extraer conclusións sobre se nosas accións poden conlevar resultados distintos, ben positivos ou ben negativos. Extraer do triunfo do clásico que con ese nivel de xogo os resultados positivos se manterán paréceme, cando menos, pernicioso. Extraer do empate de onte que é unha cuestión de que a bola entre no próximo día é un análise igual de pernicioso. E ademais moi pobre."
Tony: " Nesta conta vimos a Mourinho meter a Xabi de central e Callejón de lateral frente o Valladolid para sacar un partido adiante. A saída de onte de Camavinga por Nacho é criminal."
Álvaro Varito: " Si mete Fede a primeira o partido e´outro. Pero, máis alá diso, miña sensación co equipo foi malísima. Non supemos xogar o partido a nivel ofensivo e vaste cun 0-0 na casa. O de Modric fundido na base, eliminando unha liña de centrocampistas e obligando a Fede a meterse entre liñas non o entendín. O de Vini vs 3 foi unha obsesión constante, incluso despois de entrar Rodrygo.
É preocupante que se Jude se adica a construir, como fixo, remate toda a grandeza arriba. Cun ombreiro fora non pode estar en tódolos sitios claro. Pero nos está a salvar da mediocridade un recén chegado de vinte anos.
A min os trocos de Ancelotti parecéronme ben tirados. Pero son os de un funcionario que curra ben.
No Bernabéu pitouse a Zidane, Ronaldo, Karim ou CR. Absolutas lendas deste deporte e mellores xogadores do mundo. O día que un xogador non rinda, sexa quen sexa, vaiselle criticar. Porque esto é o Real Madrid e a esixencia máxima. Se non o entendes, repasa a historia do teu equipo.
O de sacar os regates de onte de verdade non ten senso. Precisamente ese foi o problema. Outros días non, eh. De feito a maioría non. Pero onte si. Era día de xogar rápido. Pasou igual en Montjuic. De todas formas, que Vini e Rodry iban a sufrir sen Karim ou outro nove Top era obvio. Non son goleadores. Son xeradores. E cando están ben, dos mellores do mundo. Pero son xeradores. O de esperar que multipliquen x2 ou x3 seus goles é absurdo."
AlistairHisoka: " Sabedes en que se nota máis que Joselu non é dianteiro para o Madrid..... Todo o que sexa rematar supóñelle moito esforzo. Xogar ó fútbol requírelle tanta concentración que lle costa moito pensar i elexir ben mentras intenta xogar. É moi triste en clave que non haxa ningún raparigo de 16-20 anos na canteira para cumprir seu rol esta tempada. E dame igual si remata con 12 ou 22 goles, é deprimente non ter un canteirán no seu lugar.
Vamos falar un pouco...Roza a indecencia o de Jude e o Madrid esta tempada. Está soportando o relato do club, a inoperancia do técnico e o nivel real do equipo. Hoxe non se gaña porque se tivo que adicar a construir e as ocasións non lle caeron a el.
Estamos aplaudindo que Carvi ocupe o rol de Marcelo prime ou de Lahm no Madrid 23-24. Estase alabando o asunto porque Jude resolveo todo. A xente non é consciente da vulgaridade de equipo que somos.
Hoxe saimos con dous laterais que solo saben xogar en vantaxe ou aclarados. Alaba coa bombona de osixeno, Valverde que se absten de dar o paso adiante como xerador e acepta de bo grado ser o vasalo posicional de Carvi. E quédache Jude para xogar ó fútbol con Modric.
Joselu é tan malo cando non está adicado a rematar ou chocar... Quita a moral. É un exemplo do bos futbolistas que son tíos coma Kane ou Higuaín. Goleadores que si saben xogar ó fútbol. É que Karim coxo e sen gañas de quedar era mellor opción ca isto.
E logo está o táctico...A este Raio se o afogas arriba e presionas subindo liñas telo que comer. O Madrid de Mou nos seus bos tempos a este equipo mételle tres en vinte minutos. Pero claro, era un equipo traballado. Aquí asignanse roles e móvense pezas e a vivir. E da cocteleira saleche un equipo irregular defensivamente, pouco traballado a balón parado, cunha dependencia brutal e cómica en ataque de Jude/Vini e que solo aspira a ir sacando partidos como sexa para evitar crise institucionais e chegar vivo a febreiro/Marzo.
Eu non vira moito a Fran García, vin ultra hype con el e meu feeling era que é un Carvi trucho... Dame peniña pero xoga cagado e é limitado o rapaz. Paréceme incrible que lle esté comendo minutos no Madrid a Miguel que ten un talento diferencial e podería estar ocupando o rol de Carvi este ano na fase de ataque. Brando? Si. Fáltalle físico? Ahá. Pero sabe xogar ó fútbol.
Acordádesvos cando para meterse con España prime falaban de que sen porterías eran invencibles pero con elas todo se igualaba... Observade os partidos de Joselu analizando súas accións e esquecendo as porterías..É moi malo o rapaz. Que eu o sinto por dicir a verdade e falar do seu nivel como xogador, pero si mo poñen no Madrid como dianteiro titular haberá que falar do rapaz. Por certo calquer atacante do filial que non pida marchar en inverno non ten un átomo de grandeza no seu corpo."
Steizam: " Eu entento que non che guste Brahim. De verdade que o entendo. A min gústame Brahim, pero enténdoche. Prometido. Que con Arda sano queramos ir tan despacio costame un pouco. O de Nico Paz simplemente paréceme unha vergoña. Non é Marc Guiu, pero algo xoga o rapaz. A ver si o próximo partido pode ir gañando o Madrid polos suficientes goles coma para que o adestrador do Real Madrid se atreva a poñer un xogador que necesita ir tendo minutos. Non entendo porque lle costa sacar tanto os canteiráns a tempada pasada saca a Álvaro dous cachos e sacou un gol e unha asistencia. A veces solo hai que darlle oportunidades, sexa Nico, Gonzalo ou quen sexa...E Nico a priori, ten máis competencia, ( como a varios non llos poñe tampouco é así) pero que Gonzalo non tivera nin un minuto... Xogador con gol, que pode xogar en calquera posición de ataque e coa limitación de dianteiros que tes, máis a lesión de Vini un tramo."
Uli Stielike: " Flo puxo os cimientos posibles para que o curso sexa un fracaso con dúas decisións. Deixar marchar a Karim sabendo que Joselu era seu sustituto e seguir con Carletto despois do LoL de Manchester. Falades de coidar a Rodrygo. Primeiro, el debe coidar algo o Madrid, ten todos os minutos do mundo sobre Brahim de maneira inxusta, e leva un gol en Liga. Segundo, o que o coidou máis ben pouco é o Presi, colocando en punta nun 442 cun mister retirado."
Alvaro Escorial: " Este equipo é Belli ou a nada. É pura improvisación. Pero tamén é un equipo que necesita moito máis dun Vinicius máis centrado nas súas guerras, aspaventos e outros contos que no fútbol. E dun Rodrygo transparente. Ós que hai que pedir máis é a eles non a Joselu, que demasiado dou para o que é."
Tremmelio: " O principal problema é o baixo rendimento de Vini e o absurdo rendimento de Rodrygo. Xúntalo na cocteleira cun dos adestradores máis cagóns do mundo e tes isto, que ambos xogan practicamente todo supoñendo un lastre difícil de salvar, e alternativas ten."
Todo al poste:
1- Sábese dende Agosto que temos unha dianteira con pouco gol.
2- Os se de Vini e Rodry metendo 25 goles cada un son, de momento, un NON enorme.
3- Belli disimulou o defecto, pero nun campionato longo termínase vendo o cartón.
4- Tendo iso en conta, o Madrid tería que xogar a presionar moi arriba para roubar e xerar goles "fáciles."
5- En xogo posicional e ritmo baixo e cunha dianteira Joselu- Rodry- Vini non somos aspirantes a nada importante.
6- Vini ó 50% do seu nivel, foi de longo o mellor atacante do Madrid, pero enredano moi fácil con moinadas.
7- Liga competida pero chea de mediocridade.
Para máis info, pasade polas redes.
Anteriormente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario