martes, 19 de diciembre de 2023

Luces de Nadal.

 Despois do último partido do Real Madrid, non todo son luces de Nadal no equipo, a lesión de Alaba e que o Girona non afrouxa, poñen o contrapunto a este final de ano tan bo dos do Carlo. Aquí como sempre somos dos que apuntan todo pois alá vamos cuns apuntiños para esta fría mañá.



Xa dixemos cando pasou que o de Militao necesitaba unha "operación" estilo Kepa polo que podía pasar, e agora salta a vista. Non quero pensar que non vaian fichar a ninguén para o sitio de Alaba, por moito que non digan que pode xogar alí Tchu, Mendy ou quen inventen. Para un partido ou momento puntual si, pero aguantar o que resta de tempada con tan solo dous centrais sería un suicidio.

Auténtica neglixencia, si xa íamos curtos con tres centrais. Ademais vas ter que fichar un ou dous centrais mais cedo ca tarde. Nacho ten 33 anos, Alaba 31 e agora cunha lesión grave de xeonllo e Rudi con 30. Por certo había moitos madridistas vendendo a Alaba en Arabia dado o seu baixo nivel esta tempada, pois agora a comelo con patacas.

Máis se cabe dado o baixo nivel dos do filial, no que por certo teñen os tres primeiros da rotación lesionados, Carrillo, Marvel e Jacobo. Por exemplo de Marvel do cal sei datas é mínimo ata febreiro.

Unha consecuencia máis que non estamos a pensar se non se trae outro central é que perdes a polivalencia de Nacho na súa totalidade. Lucas será o único sustituto do moi lesionable Carvajal, e quedas sen lateral de contención para o moi lesionable Mendy.

O fichaxe dun central é un movemento moi compricado porque en xaneiro seguramente tan solo atopes xogadores que non están a ser importantes nos seus equipos ou de equipos que necesiten aleixeirar masa salarial. Pero un terceiro central non é o mesmo ca un cuarto central. É un xogador que vai a xogar moito eliminatorias ou iso esperamos, tanto de Copa coma de Champions. O normal é que teñas xogadores sancionados ou con golpes e necesitas alguén con experiencia.

O calendario pinta tal que así:

3 xaneiro Mallorca na casa.   6 xaneiro Arandina fora.  

10 xaneiro semis Supercopa co Atleti en Arabia, a posible final o día 14.

17 de xaneiro si pasamos teríamos oitavos de Copa do Rei, o 21 sería o Almería na casa.

24 de xaneiro si pasamos teríamos cuartos de Copa do Rei, o 28 sería Las Palmas fora.

Entramos en febreiro co día 1 viaxe a Xetafe e recibir o Atleti o día 4.

O día 7 sería a posible semi de Copa o partido de ida, para xogar o día 11 fronte o Girona.

O día 13 viaxar a Leipzig o 18 ir a Vallecas.

O 25 recibir o Sevilla, e no medio ou na anterior semana ou nesta si chegamos e dependendo do rival xogar a volta das semis de Copa. Case nada.

Que pensen en non fichar é delito, por moito que digan. Coa de lesións que levamos e si se lesionan Nacho ou Rudi e xa non podes fichar, tiras cun central todo o ano. Comprendo que non queiran ir coma tolos, pero algo hai que traer. Por exemplo en Copa solo poden xogar catro xogadores do filial.

Uns datiños do Carlo coma adestrador do Madrid, sempre fai bo inicio de ano e despois desinfla, ollo a esto tamén, xornada 17 tódolos anos:

13/14 : 41 puntos, 49 GF, 21 GC.

14/15: 42 puntos, 58 GF, 16 GC.

21/22: 42 puntos, 39 GF, 15 GC.

22/23: 41 puntos, 38 GF, 16 GC.

23/ 24: 42 puntos, 38 GF, 11 GC. 

Un reloxo nestas datas sempre, o carallo é despois porque ligas solo gañou dúas. Aínda que se non lle fichan nada non podemos culpar moito o Carlo. Unha vez que por certo por fin lle deu minutos a Lunin e Brahim como víñamos dicindo nos dende fai moito tempo, que parecía que podían axudar.

Sinceramente non sabemos quen debe ser o central a fichar, pero un hai que traer, a cesión dun veterán parece o lóxico e como último recurso Rafa Marín que está moi verde, pero un aínda que solo sexa para rotar en Liga ou Copa fai falla, incluso está a xogar Alocén por Facu en Liga, señores. No plan que estamos de gasto 0 vexo difícil a opción de traer o que teñan pensado para un futuro, máis aínda cando tiñan contemplada unha venda antes de fin de tempada nas contas. Para todo o demais o Joker que ten pensado un Davids, non sei onde sacan os cartiños.

Agora uns apuntiños doutras cousas, polo que se escoita ós periolistos pareceulles mal que se pechara o teito do Bernabéu, dincho os que escriben quentes dende o seu despacho co aire quente a todo trapo.

Non lles gusta a cuberta, non lles gustan os olés, non lles gusta Vini e agora vese que tampouco lles gusta Jude. Amigacho o que non vos gusta é o Real Madrid.

Están a usar o mesmo procedemento con Jude ca con Vini. Agora Belli tamén provoca. O nivel de animadversión é directamente proporcional a súa calidade coma xogador e sempre do mesmo equipo, vaia cousiñas. E claro Jude quéntase moito dinnos, que o maten a patadas ou que lle dean no ombreiro a proposito, iso non é provocar.  O problema non é que se quente, o problema é que leva 16 goles e 5 asistencias e con iso non contaban, xa o estaban a esperar para queimar a Flo.

Procedemento habitual, patadas a full e o trencilla pasa, chega un momento que protestas e cartón de regalo, os periolistos dinche que tes que tranquilizarte que che van expulsar. Así se crea  o Relato:

Punto un vou a intentar que non gañes, punto dous se non podo evitar que gañes, tentarei desquiciarche, punto tres non che pito faltas e a ver si desquicias, punto catro sacoche cartóns e a ver se acumulas, punto cinco expulsión e xa eres un provocador, punto seis con todo resolto cartóns para os rivais para deixar ben os saldos, punto sete os periolistos crean o Relato.

Claro despois a xustiza di que desaparecen imaxes xusto dos dous equipos que peor lle caen os que controlan as TV e manda truco, o problema son os videos de RMTV, e xa escachas ca risa.

A campañiña anti Jude na prensa é tremenda, sobre todo agora que non teñen a Vini para poder atizarlle. Ó igual ca con Vini, non é porque provoquen é porque van de branco. Onde van aqueles tempos dos santiños do país dalí arriba, vamos ter que aguantar agora co equipo do dono das imaxes e o irmán de Eau, non nos queda nada. O equipo do Puchi para máis INRI.

Agora ides os madridistas e comprádelle o conto ós periolistos, e dicides " Belli o que ten que facer é centrarse en xogar", iso é o que queren os perigolfos rapazada.

Como di El Norteño: " Os perpetuos vixiantes das boas costumes non escatiman esforzos en recordar cada día ó Real Madrid como deben comportarses os seus xogadores, como debe animar o público e cando debe pechar a cuberta. Do cheiro a esterco da competición perante décadas, silenzio stampa."

Anteriormente:

Apuntiños para hoxe.

Lesións . 

Asamblea . 

O clásico.

Os equipos dos periodistas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario