viernes, 26 de mayo de 2023

Undécima- Oderint Dum Metuant.

 Pois cando menos críamos que podía pasar vai o Chus Ma Team e levanta a Undécima Copa de Europa de Basket, unha Euroliga para sumarse as catorce en fútbol e facer 25 entre os dous grandes deportes de equipo.



Gañamos a Euroliga manchada polo pressing catch como din moitos. Sinceramente foi un episodio lamentable como sen desonrolou, pero por ambos equipos. Foi unha falta dura de Llull, pois si, pero despois todos despendolaron. 

Pero despois do que estou vendo dende o Nicrariensis Gate, que fagan o que fagan os outros, a culpa sempre é do Madrid, pois toca disfrutar, total xa somos os malos, para que flaxelarnos nos mesmos. Todo o domina Flo neste mundo, pois asumimolo e a darlle para adiante. Fotiño de Flo cas 25 e a tragar bilis.

Como di o dito: "Oderint Dum Metuant" - Que me odien, pero que me teman. Coma xa nos odian polo menos que nos teman.

Unha zoniña de Chus foi a chave, moi de equipiño con Edy como baluarte e Chus Ma de heroe, como é o basket.

Foi unha Euroliga estilo a Champions do ano pasado, sufrindo e con remontadas. Coa eliminatoria 0-2 e camiño de Beograd. Caendo xogadores día a día, Yabu, Vincent, Gaby...., case todo o xogo interior excepto o Goat. Con remontadas espectaculares ao final no terceiro, cuarto e quinto da serie. Sobre todo no quinto creo recordar que 18 abaixo.

En semis tamén con todo perdido co super Barça do Saras e Niko, e vai e dámoslle nas cachas, van catro semis seguidas de F4 que os limpiamos.

E na final con todo perdido vai o Chacho e Fabi e póñennos no partido e Llull pon a guinda. Collime conducindo e vivímolo dunha forma especial. Despois puden velo na redifusión de RMTV, esa zoniña e a personalidade dos nosos velliños foi o que nos deu o título. Cabe recordar que o ano pasado perdemos a final du puntiño, non o esquenzades. Que perdemos finais nos úlitmos anos ademais de con Efes, con Oly ou con Macabi, indo por diante por certo, así que :  Enjoy this game.

O deporte é así xa tíñamos a limpa feita e agora toca esperar. Non me gusta Chus, e non me gusta como xoga o equipo, pero xa gañou máis Euroligas ca super Saras, a ver si nos pasa coma con Laso.

Como dixo SuperMario: " Isto solo o pode facer o Real Madrid. O que ten este equipo non o ten ninguén no mundo, este corazón e o lume nos ollos." Teño compañeiros ós que non lle gusta, pero aquí somos moi de Mario, sobre todo dende o seu paso por Kazan, mudou moito dende que marchou do Barça.

Levamos dicindo todo o ano que temos mellor equipo do que dician os resultados e o xogo. Con problemas no base, pero meu querido NWG e un Chacho excelso, xerando dende o bote.

Para grandes análisis tocade outra webs, como o amigo Karusito ou a Antón Lestón na Voz,  aquí tan solo unhas letras para o recordo. 

Ó final unha falta de Llull e unha canasta de Llull, obraron o miragre. Un Llull o que critico tantas veces pero co que teño unha foto no Bernabéu, despois dun partido de Champions vs Ajax, que tempos, xa non defende moito pero os nosos velliños teñen unhas pelotas moi grandes, por certo se non recordo mal faltaron na eliminación de Copa, a personalidade.

 A veces unha xogada troca todo, unha técnica de Scariolo no seu día foi chave no quinto na mítica Liga do Palau que tivemos que recibir a Copa en vestiarios.

Disfrutade xentiña, que traguen noutros lares, que total : Oderint Dum Metuant.

Colocan odiadores profesionais do Madrid  nos principais medios do pais, mentras nos venden que Flo controla os medios.  Mintenche a cara e sen pudor, tan solo hai que informarse, pero como sempre digo, enlama que algo queda e quen non rasca non atopa a verdade.

Como di Ali : " O Madrid é coma o alcohol..... Sacar a luz os teus máis baixos instintos, non os inventa."

Anteriormente:

Pressing catch. 

Falemos de basket.

Avaría na Chusmanetta.

Nadal con Chus.



No hay comentarios:

Publicar un comentario