martes, 3 de mayo de 2011

It´s football time.

Hoxe é a noite, o Real Madrid debería  arriscar, para tentar dar a sorpresa e provocar máis de un soponcio e clasificarse para a final de Wembley.


Non pensamos que o señor Mourinho ofreza o sistema do último clásico, máis ben debería xogar a ruleta rusa xa que logo a eliminatoria esta perdida e o máis que pode levar é outra goleada, sabemos que lle doería o seu ego pero non máis ca o corazón dos madridistas.

Parece claro que a alineación non diferira moito de Casillas en portería, con Arbeloa, Marcelo, Carvalho e Albiol en defensa. Aquí atopamonos con dúas baixas claves como as de Pepe e Sergio Ramos, dous homes moi rápidos para un campo tan grande como o Nou Camp onde os espazos son enormes e a capacidade de recuperar fundamental.

No medio Alonso e Lass son as únicas opcións, so quedaría Granero como posible sustituto. Parece que os outros catro homes serán Cristiano Ronaldo, Di María, Ozil e Adebayor.

Aquí  penso que Benzema ten algunha opción de xogar en vez do togolés, senón podería ser un sustituto moi útil. Se o Real Madrid sigue vivo de cara a segunda metade, penso que é o día no que Kaká debe dar algo por un día o Real Madrid e axudar a recuperar todo o que costou, o madridismo agradeceriallo de por vida, non o dubiden.

Cun campo con tanto espazo o Real Madrid ten que ter algunha posibilidade o problema é que si estás todo o partido correndo detrás do balón despois non tes folgos para chegar a outra área.

O Real Madrid debería xogar o estilo dos ucranianos de Donestk, e rezar para que as nosas ocasións entren e que o Barsa non teña o seu día. Ou algo parecido a primeira metade en Mestalla como mínimo ese nivel de intensidade.

¿ Por qué non ?, quizais no primeiro minuto  teñamos a posibilidade dun penalti e expulsión, por exemplo de Valdés, que nos poñamos 0-1 e que teña que entrar o canteirán Oier ou Miño, non sei quen será o porteiro reserva. Sabemos que é difícil unha expulsión blaugrana pero a esperanza é o último que se perde , como di o refrán.

A última vez que se enfrentaron en Champions no Nou Camp o Real Madrid gañou 0-2 con goles de Zidane e Macca, sabemos que a situación era distinta e que era o partido de ida pero, si sona a frauta.

De todos modos todo será distinto a partires de maña, acabarase a serie de clásicos , uns serán tremendamente felices e outros entraran nas sempiternas dúbidas despois da derrota. Filtraranse problemas e algunha que outra cousa típica nestes casos como xa está a escribir o periodista Diego Torres no País.

O que si esperamos é que se fale máis de fúbol desta vez e non nos escondamos nin nas expulsións por un lado, nin polo resultado polo outro, xa que antes de quedar con 10 os brancos foran bastante contemplativos tamén.

E case nadie falou que o señor  Mourinho non fixo ningún cambio despois das expulsións dou a sensación de deixarse ir, so tiña como home defensivo no banco a Garay pero poido facer algunha variante táctica ou poñer a Granero ou Kaká, amosar o listo que é e non acomodarse no árbitro.

Que mellor noite que a de hoxe para que os xogadores do Real Madrid se reivindiquen como cracks mundiais.

A gran noticia do partido é a volta de Abidal a convocatoria, o que nos fai pensar , desta vez fora do fútbol a sorte que hai que ter para un diagnóstico a tempo e os medios para recuperarte.


No hay comentarios:

Publicar un comentario