miércoles, 4 de mayo de 2011

Rarezas do último clásico.

Na noite de onte acabouse o play off entre F.C. Barcelona e Real Madrid o final dous empates, e unha victoria para cada equipo foi o computo xeral despois  dun raro último partido. Nos que o superBarça so abriu oco nos 30 minutos contra dez do Bernabéu, quizáis pola torpeza de Mou. O Real Madrid solo perdeu un partido en Champions e foi o polémico do Bernabéu. Empatou 3 a domicilio e gañou o resto.



Comenzaremos a falar do futbolístico sen deixarnos levar polas Mouriñadas, teorías conspiratorias, nin villaratos. Sabedores son os que nos siguen que non somos moi pro Mou neste tipo de cousas, pero o fin vai ter algo de razón e todo. Entrar no victimismo histórico do Barça non nos vai axudar a mellorar.

O Barça saltou o campo cunha ampla vantaxe, que lle permetía especular, o igual que o fixo no Bernabeu, pero como pode ser o Barça  nunca fai cousas desas, vai o ataque total todo o partido.

Entre o minuto 30 e o 40 o Barça tivo os seus mellores minutos con grandes ocasións que foron freadas por Iker Casillas, como ben dixo el, para algo está o porteiro, e se por sorte  temos o mellor do mundo é un factor decisivo. Da canteira e cos valores do madridismo.

Unha chegada por banda de Cristiano cun centro que chapou Valdés foi todo o bagaxe ofensivo do Real Madrid nesta primeira metade.

A segunda tivo escasas ocasións os goles e pouco máis. Nos últimos minutos apenas se xogou, non interesaba.

O Real Madrid perante todo o partido tivo unha disposición que me recordou a dos equipos de balonmano cando nos últimos minutos deixan ocos na busca do pasivo do outro equipo. Según quen fora o que tiña o balón deixavano avanzar tentando levalo hacía algunha zona para ter unha emboscada roubar e chegar rápido o ataque.

Vamos a falar de Mou, e a súa alineación e parecenos  que para nos o dianteiro máis en forma do Real Madrid o francés Karim Benzema non xogara nin un solo minuto é o seu máis grave erro.

Higuaín viña da operación está fora de forma e subido de peso. Onte non deu a talla aínda que na única que tivo enchufouna, pero non valía. Posiblemente sea mellor ca Karim pero non neste momento. Adebayor é unha boa opción de emerxencia  pero pouco máis.


O de Kaká podese entender algo máis xogador de ampla zancada o espazo onte xa falabamos del como unha posibilidade, ademáis en Valencia estivo enorme, saiu mal pero non podemos criticar algo que apuntabamos.

Ahora a posteriori queda a dúbida de si o Real Madrid debeu ser máis agresivo e intenso , saír máis adiante no Bernabéu. Si é verdade que o tiña planeado Mou para a segunda metade, o certo é que algo máis arriba saíra, pero é eso suficiente para o Real Madrid. Nunca o saberemos.

O certo é que andivo lento de reflexos trala expulsión de Pepe.

Falemos ahora do raro da noite de onte, e dun arbitraxe o noso parecer algo caseiro e sibilino. Como pode ser que unha falta o favor do Real Madrid por empuxón de Piqué a Cristiano que a súa vez co impulso tira a Mascherano, se lle pite falta o portugués, por favor que mo expliquen que non o entendo. Pita a falta e non vale o gol do Pipa pero falta o favor do Barsa. Ata o árbitro de Tv3 dixo que a xogada debía continuar e se era gol debía valer.

 Ata en tres ocasións foi derribado Cristiano o borde do área e en ningunha delas  pitou falta o colexiado belga. Raro foi tamén que Puyol caera solo e deixara en vantaxa ante o marco a Di María e o colexiado pitara falta. En calquer lugar do campo a dúbida  era para os blaugranas.

Non menos raro foi que calquera caída dos blaugranas fora ou non derribado por un madridista fora indicado coma falta. Chegamos  a pensar que a pesar da choiva que caio onte en Barcelona os culés regaron igual o campo, pode ser que fora para que os seus piscineros xogadores, porque onte e en toda a eliminatoria pecaron deso, non levaran golpe o caer.Deben ser eses outros dos valores que lles ensinaron na Masía, o piscinazo e a interpretación, non solo bo trato do balón.

Os culés dirán que Carvalho debeu ser expulsado, raro foi que a primeira falta que fixo levara cartón. Que Lass debeu ser expulsado, raro foi que se levara o balón no primeiro cartón….. Por certo si Lass fora piscineiro o señor Pedro Rodríguez igual non xogaba a final da Champions , arriscouse o chaval.

Como o señor Guardiola se lle enche a boca de falar do ben que vai todo ahora, dos canteiráns que teñen e todo o demáis. Pero que non esquenza que el é o adestrador porque non chegaron a un acordo con Mourinho. Que as boas xeracións de canteiráns van e veñen. O Barsa tamén deanvulou con Bonanos,Dutruels, Dehus, Christanvals, Rochembacks, Geovanis, Bogardes, Reizigers…….non tiñan canteira nin Masía naqueles anos. Non tiñan filosofía nin valores, os ciclos acabanse e as palabras perduran, para Mou tamén se lle debe aplicar eso , o tema é que a el non lle pasan unha. Estilos de xogo totalmente ofensivos e de ataque coma os de Rexach, Serra Ferrer, Antic……….. e fácil sacar peito nos bos momentos, pero a primeira que viron problemas baixaron o barro e dispararon a todo, e foi San Pep, e onte tamén deixou algún que outro recado.

Non esquezan que Xavi non se foi do Barça pola súa nai, que llo impediu cansado do seu ostracismo e que Iniesta non viste de branco porque Palacios e Camacho non gañaron as eleccións.

O  madrismo foise a dormir, cabreado e indignado, pero non debemos pensar nos árbitros , senón como podemos mellorar para botarlle man a este Barsa. Eu creo que deixamos pasar unha boa oportunidade, pero quedanos o consolo de que parece que estamos máis cerca, ou que as condicións físicas deste Barsa neste momento nos fagan pensar que estamos máis cerca.

Que decían os barcelonistas o día do famoso Corea- España do mundial 2002 eles que tanto recordan a Holanda ahora.

Felicito os blaugranas que eles son os que chegaron a Wembley e iso é o que importa, o que queda son os títulos non o victimismo.


Somos o Real Madrid e debemos levantarnos, aprender dos erros e mellorar e alonxarnos dos choros e o victimismo que foi o que tivo toda a vida o Barcelona nos seus valores, sempre recordan o blanco e negro e a Franco, que non se olviden. Voltaremos porque o Real Madrid sempre volve.

It´s football time.

Bernabéu War.

Morte ou gloria.

1 comentario:

  1. Como dixo Valdano "a eliminatoria foi marcada a fogo polos árbitros"... non é victimismo é a realidade. Non sabemos cal sería o mellor equipo con xustiza no campo, e eso, para os que apoiamos ó equipo que perdeu, doe moito... MOITO.

    Na final de copa foi no único dos catro partidos no que se viu o que pode dar cada equipo.
    Que estamos mais cerca é un feito.

    ResponderEliminar