jueves, 16 de junio de 2011

Rompemos relacións, xenial !

Hoxe foi o presidente Rosell o que ameazou con romper  relacións co Real Madrid si actuaba como ano pasado.



O estilo do Chuflas o señor Rosell deu un toque de atención o clube branco. Pois sinceramente o madridismo non nos importa nin o máis mínimo que se romperan as relacións. Que pasa a tempada do Real Madrid mellorara se nos levamos ben co Barsa. Quizais o contrario.

O Real Madrid o que busca e gañar títulos non levarse ben con todo o mundo. Florentino tentaba ser amigo de todos e o pago que levaba era o  mesmo que nos atopamos ahora con Mou como cabeza visible, odio.
Porque antes da chegada do técnico portugués o Real Madrid xa era o clube máis odiado na Coruña, en Valencia…………… por moito que Florentino tentara levarse ben con todo o mundo, non o conseguía. Os siareiros de moitos clubes son belixerantes contra o Real Madrid , porque ben saben que é o clube máis grande da Historia e eso esperta envexas.

A ruptura de relacións co Barsa non cambiaría nada, como non cambiou nada o fichaxe de Figo, bueno que se tirarara de todo no Nou Camp e non lle pecharan o campo, pero eso é normal para un clube que conta con favor federativo, como senón un clube se nega a xogar un partido nunha competición como fixo no seu día na Copa do Rei e o ano seguinte pode disputala igual.

Polo tanto o madridismo non nos preocupan as declaracións de Rosell, o Español non  tivo relacións  perante moitos anos co Barsa e nada cambiou, bueno un tal Raul Tamudo si cambiou algo pero foi unha ledicia para o madridismo. Polo tanto  que o fichaxe do Kun as rompera co Atleti tampouco preocupa, porque moitos outros clubes poñen todalas trabas cando o Real Madrid tenta un fichaxe por moi polas boas que queira ir, por exemplo o Valencia pero ben que veñen a petar a porta cando lles fai falla a eles. Eles poden pescar no Bernabeu pero o Madrid non pode pescar en ningún lado. Aforrariamos en comidas de directivos, igual os restaurantes de nivel das capitales non lles favorece, pero eso é outro asunto.

Algo bo tiña que ter Mou, pasar de todo e decir o que lle da a gaña sin ter que ser  políticamente correcto, eso ten que  dar  un gusto inimaxinable.

Hoxe en deportes Cuatro alertaron da necesidade de ter oito nacionais catro deles canteiráns algo que vimos dicindo nos perante todo o ano, algo que nos congratula, que nós sen medios nos adientemos:


¿Que vai pasar cas estrelas do Castilla?



No hay comentarios:

Publicar un comentario