miércoles, 27 de abril de 2011

Bernabeu War.

Esta noite xogase o primeiro acto do que vai ser a eliminatoria do século e a batalla final entre Real Madrid e F.C. Barcelona esta tempada.

O Real Madrid levouse o título de Copa do Rei, o terceiro en importancia nun hipotético podio. O Barsa ten salvo catastrofe maiuscula asegurada a Liga o segundo título en importancia. A partir de hoxe dirimirase quen dos dous optara en Wembley o título dos títulos a Champions.

Fai pouco máis dunha semana na previa do clásico de Liga e da final de Copa todo o mundo cría que as opcións brancas eran nulas nesta eliminatoria. Pero Mourinho deu un golpe de efecto.

Voltou a ser el mesmo, por moito que se diga no Nou Camp non foi fiel a súa filosofía, sucumbio a prensa e deixouse ir, salio ofensivo e viu como o seu equipo naufragaba entre augas como un xoguete nas mans do Barsa, que foi unha apisonadora.

Pero utilizou eso a seu favor nestas últimas semanas, e para os dous anteriores clásicos conseguiu que os seus xogadores saíran o 120 % como gladiadores. Cun xogo o límite e con Pepe como exponente tanto de dar estoupa como de chegada e presión  e aproveitando unha certa confianza no Barsa e no barcelonismo. Quen non recorda esas conversacións de tertulia ou de bar, bueno deixaremosvos ganar o de Liga   para que vos levedes algo ,apretou as cousas e ahora a distanza non é tan grande.

Todo esto quedou claro na final de Copa, viuse como xogadores como Arbeloa ou Alonso foron tan  agresivos como eran os do Barcelona nos clásicos. A primeira falta xa foron a rodear o árbitro, pero non se confundan eso era o que facían os xogadores do Barsa nos anteriores clásicos, que o vivían sin amizade, Busi, Xavi, Piqué ou Iniesta protestaban o que fora, pedían tarxetas, se encaraban con Cristiano ou se arremoleaban ante este no incidente con Guardiola. A man en todo o alto de Piqué  axudou a esto.

Os xogadores do Real ata esta última semana non superon leer isto, no campo somos rivais, despois xa seremos amigos. Para nos  este foi o gran legado de Mou esta semana.

Os cambios tácticos tamén axudaron, eu creo que para a Champions tera algo novo, xa que logo  Guardiola logo se recompoñe. Como se vio na final de Copa as novidades de Mou duraronlle un tempo, despois do descanso moveu peza e voltou a levar o peso e o dominio do partido. Guardiola tamén tera algo novo para hoxe, Pep tamén é un estudioso do táctico.

Importantes son tamén as baixas en defensa do Barcelona, sen laterais esquerdos e con Puyol renqueante nesa posición. Parece ser que Iniesta tamén faltara a cita. Perde algo de forza para a presión.

No Real Madrid tamén duas baixas importantes a do portugues Ricardo Carvalho que esta a rendir a un nivel impresionante e a de Top Khedira como di o mister. Albiol e o indisciplinado Lass serán o parecer seus relevos. E coa lousa de que unha tarxeta a Ramos, Albiol, Di María ou Cristiano impidelles xogar a volta.
Por moito que se crea en algúns círculos o favorito segue a ser o F.C. Barcelona, o seu xogo o máximo nivel e prácticamente inalcanzable, pero parece que a tempada se lle está a facer algo longa, xunto cas baixas e un algo de confianza nos últimos clásicos fixo que se igualaran as cousas e que o Real teña opcións, polo menos ata esta noite.

Eso demostrao que Pep Guardiola decidiu nos últimos días baixar o barro e entrar o cara a cara con Mou. Entrou o trapo co tema de que si o árbitro sería portugues, sería felicidade para Mou. Que si uns centímetros lle deron a Copa o Madrid e que si Jose para aquí, Jose para ala, a cámara de Jose, a Central Leiteira…………… Esta visto que si as cousas van ben todo e fácil, pero cando comenzan as complicacións non é tan fácil sorrir sempre e ser tan boiño, xa que hai que tentar revertir a situación.

Para rematar algo que dende a final de Copa anda no ambiente, ata tertulianos de radios locais falando da Costa o aplican. Como pode ser que o madridismo apoie o xogo do Real Madrid nos clásicos cando supostamente críticaba a Holanda no mundial. Seríamos felices si España ganaba o mundial da forma que fora, con bo xogo mellor pero si o ganara con catenaccio tamén saíriamos as rúas eso seguro.

Moi fácil, os tulipáns utilizaron súas armas para tentar gañar o mundial,  o que queda para a Historia son os títulos o xogo permanecera ou non. Italia ten catro mundiales e tanto os envidiamos. Se non consigues os títulos empeza a pensarse no xogo. Pero o madridismo despois de aguantar carros e carretas do barcelonismo necesitaba un respiro da forma que fora.

O barcelonismo que quería que lles saira o Real Madrid o ataque para que nos atundaran de novo, así sería todo máis fácil, damoslle os títulos e marchamos para casa e xa está. Claro como fixo o Deportivo e o Zaragoza nas últimas finais de Copa que xogou o Real, deberon saír de ti a ti, pois non saíron a contra normal buscaron a súa ventaxa. Ou aquel PSV que privou a “ Quinta do Buitre “ dunha final de Copa de Europa, fixeron o seu e axudados polos paus conseguiron ser campións de Europa. Durante un tempo falouse moito de aquel  plantexamento do PSV pero ahora solo se recorda que conseguiron o título.
O Real Madrid tenta recuperar terreo perdido pero ven de moi atrás e non ten nin a Iniesta, nin Xavi, nin Messi no seu plantel. De feito esta pragado de xogadores que se atopan cómodos a contra coma Kaká, Cristiano, Di María, Benzema, Higuaín………… Cando firmaron o pacto co diaño e trouxeron a Mourinho  ese era un tema do que non se dubidaba, en datas importantes saíriamos a polo resultado.

 Dirán que un grande coma o Madrid non se pode permitir eso, pero recordo que a primeira opción deste actual Barsa foi Mou non Pep, que non se lle esqueza a nadie. O que non se pode permitir o Real Madrid é o dominio do Barcelona e aínda que sea difícil nesas andamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario