jueves, 14 de abril de 2011

Morte ou gloria.

Ocorreu o que todo o mundo esperaba o Real Madrid e o Barcelona xogaranse todolos títulos en tres semanas, en catro partidos onde parten como favoritos os culés xa que na Era Guardiola en cinco partidos cinco victorias para os discípulos deste. O estilo dos gladiadores morte ou gloria.

As sensacións son raras xa que o barcelonismo está eufórico é o que estaba esperando. Dende o “lapsus” do humilde “finalista” de Champions Pep Guardiola, pasando pola nova manciña que pide para a final de Copa o presidente Rosell, a outra manciña do anuncio dos xogadores do Barsa e como non a opinión do barcelonismo representado no “apreciado” Jorge Lorenzo, que dixo que nos deixarán gañar o de Liga, como total o título xa é deles. Ou o humorista Buenafuente que leva todo o ano mofandose do Real Madrid e do madridismo no seu programa.

Mentres no madridismo esperase o momento pero con moitos temores, o 2-6 no Bernabeu e o 5-0 da primeira volta en Liga non fan albergar  moitas esperanzas, pero os xogadores parece que pensan que terán opcións e que van loitar os 3 títulos, esperemos poder rascar algo. A maioría dos siareiros brancos vive encomendado o novo totem Mou, pero si non gaña nada con todo o que falou seguira dirixindo os do Bernabeu, o seu ego permitirallo.

O portugués Jose Mourinho debe acadar o que non foi capaz Pellegrini. Este último enchese a boca en que conseguiu a mellor puntuación da historia en Liga do Real Madrid e non deixa de ser certo, pero tamén foi humillado en primeira rolda de Copa polo temido Alcorcón e na Champions caeu eliminado en oitavos polo Olimpique de Lión, con todo o descanso que eso lle supuxo o equipo. E eso que o que lles escribe non é dos defensores de Mou.

En Liga os de Mou alonxaronse do Barsa con pinchazos que non se debían permetir, o empate na casa do colista Almería, a derrota en Pamplona fronte a Osasuna, o empate en Riazor e a última derrota ante o Sporting puxeron case imposible o título de Liga, xa que despois do Barsa quedan as saídas a Sevilla, Valencia e Vilarreal. A Liga está case perdida pero o Real debe tentar gañar o sábado por dúas razóns por prestixio e moral de cara a final de Copa e para que o Barsa non se poída permitir grandes rotacións no que queda de Liga.

O mércores día 20 disputase a final de Copa en Valencia un título que se tocara xa cas mans. E nese partido pensamos  que vai ser cando se empece a ver a importancia da profundidade de banquillo nesta especie de play off. Coma no basket os primeiros espadas van ser os que decidan pero os menos habituais van ser os que manteñan vivos e frescos os seus equipos nestes momentos. Os que den un mellor nivel axudarán os seus equipos a conquerir os títulos.

E por último a Champións o torneo dos torneos  o 27 deste mes e o 3 de Maio decidirán cal dos dous equipos visitará Wembley. O Barsa consigue estar en semifinais por carto ano consecutivo, o Real volve despois de non chegar dende o 2003 cando a Juve o eliminou o día que foi o principio do fin de Vicente Del Bosque, que senón estaba sentenciado cabou a súa tumba aquela noite, aínda que principiou a cabala uns días antes cando en Huelva fixo rotación con todo o equipo excepto con Makelele que caeu lesionado e fixo que a Juve pasara por encima os brancos.

Na Champións o Real Madrid xogará o primeiro partido na casa e o que é máis importante chega bastante cargado de cartóns, algo que pode ser esencial así como o cansanzo tanto físico como psicolóxico destas semanas. No 2002 o Real Madrid deixou fora os culés camiño da novena en Glasgow, voltarán a repetilo.

O que queda claro é que a tensión nas tertulias de bar, os piques entre amigos, os mensaxes irónicos, o lume nos facebooks, tuentis e demáis vai quedar patente. Seguro que programas como Punto Pelota terán records de audiencia e de envios de mensaxes e polo ben do madridismo e da nosa saúde esperemos rascar algún título, pois senón a primavera e o comenzo do verán pode ser moi duro.

Pero non esquezan que o Real Madrid sempre volve e que nunca se rinde por difíciles que sexan as cousas e que mellores datas para demostrar o noso cariño o Real Madrid sexa cal sexa o resultado xa que o se algo levamos na sangue é que non cambiaremos a chaqueta nin renunciaremos o clube dos nosos amores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario