martes, 31 de mayo de 2011

¿Por qué señor Chuflas?

Parece que o xogador do Fútbol Club Barcelona o señor Gerard Piqué Bernabeu non puido quedar calado na celebración da Copa de Europa. O Chuflas o cal parece ser  o seu nome en clave no vestiario ou polo menos así o presentaron.


O rapaz está crecidiño ten unha relación con Shakira , os títulos sonrrienlle e xoven, parece ser que é guapo, que máis pode pedir.

Pois en principio podería ter un pouco de educación como si ten o seu avó materno o exdirectivo Amador Bernabeu, que entrevistado en televisión nada máis acabar o partido adicou o triunfo o barcelonismo e os barcelonistas de toda España.

Pero o neto  non ten ese saber estar do avó, quen non recorda o seu xa famoso escupitaxo no bus da celebración da Copa do Mundo, como para non recordalo. A súa famosa manciña e como entra o trapo sempre que pode.

Que non se esquenza  que todo o que ven vai, que todo é bonito e todas esas persoas que lle sorrín as gracias e lle dan parabéns, cando as cousas vaian mal que irán, criticarano como o que máis. Non lles parecerá tan ben as súas saídas nocturnas, nin a súa noiva. Raul, Hierro, Roberto Carlos  ou Morientes gañaron tres Champions en cinco anos no Real Madrid non fai tanto.

Que non se esquenza que a sorte tamén cambia e por moi ben que xogue o Barsa e moi bos que sean si a pelotiña non quere entrar todo se vai o limbo. Ou que as decisións arbitrais xa non sexan tan favorables como son.

Porque esta Barsa comenzou a crecer dende unha famosa noite en Stanford Bridge que de non ser porque un noruego de apelido Ovrebo, o cal  se comeu algún que outro penalti. E un rapaz iluminado de nome Andrés o cal  marcou un gol no último minuto.

De non ser por eso aquel Barsa perdería de gañar a Champions, a Supercopa de Europa e o Mundialito aquela noite. Por moito xogo, fútbol, valores e todo o que nos queiran vender.

Así que deixe de meterse con todo o mundo, que si eles critican a Mou polo que fai ou di e teñen uns tan grandes valores, porque non  os amosan, ou non é todo ouro o que reluce.

 Mentira non é que nos dous partidos que rematou o Real Madrid con once o Barsa non foi quen de gañar. Que o arbitraxe nas semis de Champions foi raro. Quen poñe os horarios de televisión é o señor Roures confeso barcelonista. Que o clásico de Novembro trasladouse a luns porque para San Guardiola sería un atraco que fora sábado, non descansarían o suficiente. Pero o Real Madrid si que tivo que sufrir horarios anormales despois ou antes de Champions. Que Busquets chame mono a Marcelo e non o sancionen   porque hai moito barcelonista entre os que sancionan en Champions. Que non son os reis do teatro. Que non fan transfusións raras para curarse das súas lesións. Que Guardiola non lle apartou o balón a Cristiano para provocalo no primeiro clásico. Que Messi non lle tirou o balón o público do Bernabeu. Que na celebración do gol da Champions se empezou a cargar micrófonos como un poseído. Que non viaxaron a Pamplona antes para preveer problemas no viaxe e chegaron fora de hora, pero a Londres viaxaron con catro días de adelanto.

Debe de ser que en Barcelona solo hai santos e hai unha sucursal do ceo. Mentras que en Madrid hai demos e ten a súa sucursal o inferno.

A resposta é moi fácil, o Real Madrid é LENDA como o título da película de Will Smith. O Real Madrid  ten nove Copas de Europa así que aínda lles toca esperar para acercarse e poder levar o logo na manga. 

Como ben decía Don Santiago Bernabeu o Real Madrid está presente na celebración de todolos títulos, que grande é.

No hay comentarios:

Publicar un comentario