jueves, 24 de marzo de 2011

Road to Sant Jordi Final Four.


Na noite de hoxe disputanse os segundos partidos dos cuartos de final da Euroliga. Nos enfrontamentos iniciales de cada serie gañou o equipo local, algo que no 87 % dos casos foi billete para a Final Four. O dato é importante xa que de 24 series de cuartos en 21 ocasións o equipo con vantaxe de campo chegou a Final Four.
REAL MADRID – POWER E. VALENCIA

O duelo español no seu primeiro partido foi para os brancos por 71 a 65. Un enfrontamento marcado polas baixas, Sergio Rodríguez para o xogo exterior do Real Madrid. Victor Claver e Augustine para o xogo interior dos de Valencia. O partido inicial foi moi igualado e solo un último minuto con 5 puntos de Nikola Mirotic, 11 no último cuarto deixaron a victoria na Caixa Máxica.

O Real Madrid voltou a mostrar que a maioría dos seus sistemas en ataque dependen de un Tomic con tanta calidade como deixadeza a veces, que se cargou pronto de faltas e solo disputou 20 minutos e o último cuarto case por completo con 4 faltas,14 puntos cun 6 de 13 en tiros de de 2, si conseguira machacar algunha vez. Outro dato a ter en conta é a falta de rotación exterior o que provocou que Prigioni xogara 34 minutos e Llull 32, aínda así Vidal non xogou e o tocado Tucker seguio ca súa pésima liña e foi asubiado pola Caixa Máxica.

No resto do equipo Begic amosou o que xa dixemos aquí que os números en Zalguiris eran un espellismo, con tan pouca intensidade que ata asusta. Velickovic segue perdido. Felipe non é o que era, aínda que el o pense. Llull voluntarioso pero con malos porcentaxes coma todo o equipo, pero preocupa o caso de Llull( 4/9 de 2, 1/5 de 3 ). Prigioni e Suárez cumpliron pero mal en tiro de 3 coma todo o equipo. Algo que foi en parte solucionado polos rebotes con 15 máis que o Power, superando en 12 en ataque os valencianos que acusan as baixas en xogo interior. D´or Fischer tamén na súa liña.

En Valencia con Javtokas, Martínez e Cook amasaron minutos e os seus pobres porcentaxes en tiro de 3 e libres ademáis da consabida falta de rebote deixaronnos sin unha victoria que de non ser por Mirotic a pesar das dificultades poideron levarse.

O equipo que sepa administrar esforzos e nervos levarase a serie, espermos que sea o Real Madrid de Lele Molin o cal parece se deixa levar bastante polos xogadores nos tempos mortos, sobre todo por Pablo Prigioni.

REGAL BARCELONA – PANATHINAIKOS

Emocionate tamén se presenta a serie entre os dous últimos campeóns. Nun partido no que Diamantidis tivo o último tiro para desfacer o 83 a 82.

Polo Barsa houbo un protagonista pouco habitual nos últimos tempos Jaka Lakovic que con 12 puntos en 22 minutos foi importante para a victoria. Outra clave foron 3 triples consecutivos de Morris, Lakovic e Navarro cando o equipo ía 5 abaixo mediado o último cuarto. Navarro, Lorbek e Anderson superaron os 10 puntos e axudaron a victoria.

Nos gregos todo xira o redor de Dimitris Diamantidis, a debelidade baloncestística do que escribe. Xogou 36 minutos para facer 26 puntos e 23 de valoración, o Zeljko Obradovic na pista. Acompañarono Batiste con 15 puntos e Nicholas con 16.

Importante os problemas que sigue amosar o Barsa con 5 fortes, xa que os 15 puntos de Batiste debomos engadirlle que a mole Aleks Maric que voltou dunha longa lesión en solo 2 minutos provocou 3 faltas e anotou 5 puntos. Ademáis dos 7 rebotes máis que colleron os gregos. Un Panathinaikos que ten o seu particular Velickovic en Milinko Tepic, que mostra os mesmos problemas que o madridista.

Partidazo o que vimos o martes, hoxe esperamos máis do mesmo, entre 2 das 3 mellores plantillas do continente.

CAJA LABORAL – MACCABI ELECTRA

O Caja Laboral levouse con máis facilidade da prevista este primeiro partido cun 76 – 70 máis claro do que parece o igual que xa fixera na primeira fase da Euroliga. Solo no terceiro cuarto tiveron algún problema os vitorianos.

Os 17 puntos de Barac, 14 de Logan, 13 de San Emeterio este en 33 minutos e os 12 de Teletovic en 38 minutos levaronos a adiantarse. O seu gran porcentaxe en triplas con 13 de 26 foi a gran clave, fronte o 3 de 17 rival.

Nos hebreos o MVP da xornada Hendrix non foi suficiente cos seus 17 puntos, a pouca aportación do sempre clave Schortsanitis e os poucos minutos importante tamén. Moitos minutos para Pargo, Perkins e outro dos desexados polo que escribe Chuck Eidson, pero que non sumaron o suficiente.

O Maccabi gustounos moito fai unas semanas no partidazo contra o Barsa no Nokia Arena, por eso sorprendeu que non estivera máis preto no Buesa. Moito perigo hoxe para o Laboral, porque Sofoklis pode espertar e Tel Aviv e territorio case inexpugnable. Dous equipos con pouca rotación, dependen moito do día dos titulares.

OLIMPIACOS – MONTEPASCHI SIENA

Este partido non sabemos como explicalo. 89 a 41. Un Siena que anotou 4 puntos no primeiro cuarto e 5 no segundo, o que lles supuxo ir o descanso con solo 9 puntos incrible a estos niveles. Unha valoración de -2 digna de benxamins fronte os 123 dos gregos no día que voltaban os lesionados McCalebb e Kaukenas pouco máis podemos decir.

Olimpiacos era favorito por gasto e plantilla pero tanto parecenos o que foi , raro. Os primeiros minutos na noite de hoxe decidirán a serie porque un pau como o do martes non é fácil de dixerir.

Algo que nos chamou a atención na primeira xornada foi que todo o mundo fala dos 2 colosos gregos como acumuladores de estrelas pero visionando estatísticas vemos algo que nos sorprendeu máis alo.

Tanto Olimpiacos coma Panathinaikos xogaron con 4 gregos como titulares, contan con 7 gregos no seu 12 inscrito para o día inicial. Os cales sumaron 122 dos 200 minutos no Panathinaikos nun partido disputado ata o último segundo mentras que 115 no Olimpiacos, sorprende.

De Maccabi e Siena non falaremos porque entre nacionalizados os hebreos e inexistentes os italianos nada nos queda.

Pero o reino dos cupos España, que tanto fala de canteira e se enche a boca ca Ñba, os datos non son tan bos. No Real Madrid os seleccionables xogaron 79 minutos os que lle poderíamos sumar os 20 do nacionalizado e seleccionable Mirotic, pero recordemos que solo un nacionalizado pode inscribirse nunha competición estilo Europeo, Mundial ou Olimpiadas. O Real Madrid ten lesionado o Chacho pero non creemos que aumentara en máis de 10 os minutos nacionais, é o equipo no que os españoles contan máis. No Power chegaramos os 34 minutos, pouco verdade, tamén teñen lesionado a Claver. No Caja Laboral 53 minutos de seleccionables co caso do nacionalizado Oleson que reportaría 19 minutos máis, principalmente San Emeterio, Pau Rivas depende do día o resto para cupos. No Barsa 88 minutos, Navarro 32 deles.

En definitiva enchesenos a boca pero parece que nos partidos clave os españoles non pintan tanto como creemos, a pesares de que os irmáns Gasol, Rudy e Calderón anden polas americas e o nacionalizado Ibaka tamén. Coidado que esto no futuro pode pagarse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario