lunes, 21 de marzo de 2011

Muxía- Alcaián. 2-0.


MUXÍA: Angel Luís, Josiño, Chans, Alvaro, Chori, Dani, Sancho ( min 46 Javi ), Dimas Leivinha, Fran Gemelo ( min 46 Alberto), Fran Pioto, Oscar Canario ( min 46 Martinciño).


ALCAIÁN: Herrera, París, Iván Souto (César, min.67), Dani, Víctor, Iván Castro, Luisito, Pio (Portillo, min.78), Pablo Framil (Javito, min.72), Daviciño e Toñito (Bruno, min.40).

GOLES: 1-0 minuto 15 Dimas Leivinha, 2-0 minuto 30 Dimas Leivinha.

Boa tarde para a disputa dun partido de fútbol se presentaba na Arliña cos poucos e habituales siareiros e no que un doblete de Dimas Leivinha deixou os tres puntos na casa.

Partido entre dous equipos que transitan pola zona media da taboa que non se xogaban máis que a honrriña no terreo de xogo da Arliña que a pesares do que parece o lonxe se atopa moi irregular e no que é moi difícil dar dous bos pases seguidos.

Así no minuto sete unha saída do porteiro Herrera que tentou regatear a un xogador local que lle arrebatou o balón o cal chegou a Oscar Canario que lanzou a porta pero un defensa sacou baixo paus.

O encontro xogábase sen máis pena que gloria cando unha xogada por banda dereita de Sancho e despois dun recorte enviaba o balón a área e Dimas Leivinha remataba ca espuela xa que se lle quedaba o balón atrás e facía o primeiro gol local.

Polos mesmos derroteiros seguía o partido cando unha xogada desta vez de Fran Pioto por banda esquerda chegaba case a liña de fondo, levantaba a cabeza e vendo solo no segundo pau a Dimas Leivinha mandaballe un perfecto centro para que este último empurrase ca cabeza para facer o dous a cero que a postre foi definitivo.

Desperezouse algo máis o equipo visitante que tivo unha boa ocasión no minuto 35 pero non foi quen de batir a un moi seguro onte Ángel Luís.
No minuto 43 unha falta que lanzou Fran Pioto foise lamendo o pau da portería de Herrera. E nos últimos dous minutos foron os visitantes os que tiveron duas boas ocasións pero nin Bruno nin un compañeiro foron capaces de marcar a Ángel Luís.

A segunda metade comenzou cun triple cambio local que deixou sen ocupantes o banquillo de Luís Romaní.
Unha segunda metade que apenas tivo historia e que foi moi aburrida e na que so podemos apuntar unha ocasión visitante no minuto 65.

Ate o punto que o máis interante deste periodo foi que o local Chori se lesionou no minuto 79 e o non contar con máis cambios os locais quedaronse con dez e fixo que Fran Pioto pasara de dianteiro a central para ocupar a plaza de Chori.

Algo que non foi moito problema xa que o arbitro pitou o final inexplicablemente no minuto 82 ante a incredulidade visitante, os cales lle enseñaba o reloxo e lles porfiaba que ían os 90 regulamentarios. Debería facer mirar ese reloxo.

Outra nova pode ser que fora o último partido de Fran Pioto no Muxía esta tempada, xa que ten moi avanzada a súa marcha o Camariñas para suplir a lesión de outro muxían como é David. Aumentando así o número de xogadores da Vila da Barca no outro lado da ría como son o xa citado David, Pesqui, Breo, Maikel e Adrián Negro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario