lunes, 7 de marzo de 2011

FISOBER B- MABEGONDO.1-1

LIGA PROVINCIAL       
RESULTADO : FISOBER “ B “ CONCELLO DE VIMIANZO-MABEGONDO : 1-1

FISOBER “ B “ C. VIMIANZO: Eva, Ylenia, María, Noelia e Myrella; tamén xogou Lara.
MABEGONDO: Katia, Melissa, M. Angeles, María e Patricia; tamén xogou Bibiana.

GOLES : 0-1 María, 1-1 Lara.

ARBITROS : Jose Rey e Inma Silva.

A celebración  do Antroido levou o filial do Fisober a xogar en Baiñas, e atopouse de novo coa falta de definición nos metros finales como gran hándicap.

Comenzaba o partido cos dous equipos esperadose pero os cinco minutos un lanzamento de falta de María adiantaba no marcador as visitantes e cambiou a decoración do partido. As de Mabegondo coa ventaxa no marcador decidiron pecharse atrás e deixar que as locais levaran o peso do partido. Os primeiros minutos as de Fisober non eran quenes de levar perigo a meta de Katia. Topabanse contra o muro visitante e comenzaban a desesperarse. Solo os dez minutos Lara e Myrella tiveron unha dobre ocasión pero Katia desfacía o perigo.

Os últimos minutos desta primeira metade Fisober incremetou a súa intensidade e foi cando creou máis perigo. Así no minuto 17 a mellor combinación de Fisober a base de paredes de todo o equipo deixou o balón a Noelía que mandou o seu disparo o longueiro. Solo un minuto despois era María a que tiña unha ocasión pero de novo non tiña a sorte de cara . A igualada non chegaba e a primeira metade esfumabase. No último minuto era Lara quen tiña unha gran ocasión.

A segunda metade comenzaba co mesmo guión, unha falta a favor de Mabegondo no minuto dous que de novo María lanzaba máxistralmente e batía no pau. Fisober  vía que o partido se lle escapaba e voltou a dar un paso adiante. Así no minuto catro Noelia lanzaba pero o gol seguía sen querer entrar. Pero a sorte cambiou no minuto seis unha combinación das locais chegaba a Lara que cruzaba e vía como o seu lanzamento entraba paseniño despois de que a porteira visitante a tocara , igualando o partido.

As visitantes ante a presión de Fisober tentaban xogar o poste  con Patricia e saír a contra. Tentaban sorprender dende lonxe a Eva pero non o conseguían. Eso si a mesma Patricia no minuto dezaoito asustaba a parroquia local cun lanzamento lonxano o longueiro.  Dende este momento o dominio local foi absoluto tentando levarse a victoria pero non conseguían ese gol que necesitaban. Así a catro do final Lara tiña a penúltima ocasión local. A última foi para Noelia que despois dun roubo de Lara deixou a Noelia ante Katia pero non logrou regateala e o empate foi defenitivo no marcador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario