domingo, 20 de marzo de 2011

Fisober B- Amarelle B.1-2.

LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : FISOBER “B” CONCELLO DE VIMIANZO- VIAXES AMARELLE “B”: 1-2.
FISOBER “B” C. VIMIANZO : Eva, Ylenia, Andrea, Noelia e Myrella ; tamén xogaron: Lara e María.

V. AMARELLE “B” : Leticia, Alba, Laura Paz, María e Laura Mosquera ; tamén xogaron Regina e Anita.
ARBITROS : Gerardo Pajaro e Laura de la Iglesia.
GOLES :1-0 Noelia, 1-1 María, 1-2 María.
No primeiro dos partidos do fin de semana para as xogadoras do filial do Fisober a mesma historia das últimas semanas, a mala sorte e a falta de gol fixeron que non sumaran nada no partido contra o segundo clasificado e no que mereceron máis segundo confirmaban os propios rivais.
Partido entre filiais e derbi de proximidade moi disputado e emocionante. Comenzou o partido de poder a poder, pero con dous equipos que se mostraron respeto. Así nos primeiros minutos foi un toma e daca pero sen ocasións claras para ningún dos dous equipos. Eso si as de Fisober non pasaban apuros e tentaban conseguir algo en ataque, pero sin excesivo perigo para Leticia. Eso si mostraban a súa imaxe da tempada, tuteando as de Amarelle, moi serias en todo o campo.
Xa ia boa parte desta primeira metade cando a visitante María na mellor  ocasión das súas mandaba o balón o pau. Seguiron co seu bo xogo as de Fisober na sua pugna co Amarelle.
Así a seis minutos para o final da primeira metade Noelia collía un balón por banda esquerda e cruzaba ante Leticia conseguindo poñer en vantaxe as locais. Ledicia local e control de partido. Pero todo se foi o traste nun minuto fatídico. Cando faltaban dous minutos e medio para o fin da primeira metade a visitante María aproveitaba un erro defensivo do Fisober e igualaba o marcador. E solo un minuto despois unha xogada de mala sorte aproveitaba de novo María para poñer o 1-2 e as visitantes en vantaxe. Parecía incrible pero Amarelle chegaba o descanso por diante.
A segunda metade comenzaba cunha ocasión da local Lara xa no primeiro minuto. A que respondía a visitante Alba cunha tamén clarísima ocasión. Parecía que esta segunda metade ia ser aínda máis vibrante e así o foi. Dominio de Fisober e contras de Amarelle, que de novo ca bigoleadora María poñía en grandes complicacións a porteira de Fisober Eva.
Convertiase a segunda metade nun ida e volta pero con ocasións preferentemente para as locais a pesares de que Amarelle aviasaba con perigo.
Chegabase así a uns últimos seis minutos cun ataque case continuo de Fisober sólo parado con algunha contra de Amarelle. Así un lanzamento de esquina de Myrella paseouse por toda a liña de gol sen que a local María chegara para empurrala por milímetros. A tres para o final de novo Noelia topaba ca visitante Leticia. E dous tiros lonxanos de Ylenia tampouco atopaban o premio do gol.

Desperación local despois de tanta e tan clara ocasión que non quería entrar. E aínda tiña o destino unha doble ocasión local para Noelia pero a porteira visitante Leticia foi un muro infranqueable.
En definitiva gran partido do Fisober para tan pouco premio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario