viernes, 4 de marzo de 2011

O disque, disque : Ettore Messina.

A media maña de hoxe saltaba a nova, Ettore Messina dimite, a estas horas a falta de confirmación oficial.
O desastroso partido de onte contra Montepaschi Siena, unido as tres derrotas nos últimos catro partidos parece que precipitou a decisión. O catanese comparecía ante os periodistas onte e non aceptaba preguntas so declaraba moi disgustado :

"Sólo puedo pedir disculpas. No puede pasar esto, no se pueden jugar los partidos tan mal. Es muy difícil aceptar esto, sobre todo por la gente que se ha molestado en venir hasta aquí para animarnos"

Ahora a rede enchese de disque-disques:
  • En Marca din que Clifford Luyk se fara cargo de forma interina do equipo.
  • En AS din que sera Emmanuel Molín o seu actual axudante o que o fara, esta a nos parecenos moi díficil xa que son uña e carne. Certo é que no seu día Camacho deixou a García Remón, pero non terá Molín os mesmos problemas cos xogadores?
  • En Mundo deportivo falan de Aíto.
As causas non se saben pero dende diferentes fontes falan da falta de sintonía co equipo como principal causa. Ata o punto que en certos foros din que é unha rebelión encabezada por Felipe Reyes, Sergio Llull e Jorge Garbajosa, os tres internacionales descontentos pola separación do equipo deste último. Que fixo que nos entrenos non houbera a intensidade adecuada. Outros falan da falta de sintonía ca cupula do clube que lle trouxo fichaxes como o de Begic que o parecer el non pedira.

Outra opción da que falan os foros é que o fai como Mou con Valdano para apartar a J.C. Sánchez e ter máis poder ca plantilla o paso das horas nolo confirmara.

O certo é que o día 22 comenzan os cruces contra Power E. Valencia para voltar a final Four e o Real Madrid que ten ventaxa de campo acaba de inmolarse e a ver como sale de esto. O que si é certo que o clube parece forzado polos resultados e a falla de tranquilidade provoca esta serie de cousas.

Cando sepamos máis informaremos e pasado este primeiro shock tentaremos mostrarlles o noso sentir cun artigo de opinión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario