martes, 29 de marzo de 2011

Corcubión - Muxía. 2-0.

CORCUBIÓN : Cristian, Carlos, Chisco, Manuel Cartamil, Valucho ( Tarrelo minuto 89), Sergio Manín, Jose, Mario ( Estrella minuto 75), Alán ( Paulo minuto 86), Lourido, Santi ( minuto 84 Borja Munitis).
MUXÍA : Ángel Luis,Luís Romaní, Josiño, Chori, David, Álvaro, Chans, Dimas Leivinha, Papi, Sancho, Fran Gemelo.
GOLES : 1-0 minuto 20 Santi, 2-0 minuto 31 Lourido.
O Muxía presentabase no Novo Cubaleiro con once xogadores xustos debido a coincidencia co partido de Copa Xuvenil ante o Soneira e as baixas. A última a de Fran Pioto que xa debutou co Camariñas nesta xornada, aínda que este último non podería xogar de igual modo o coincidir con partido de Fisober.
O Corcubión xogabase o ascenso e non quería desaproveitar a posibilidade de celebralo na casa. Así os locais non quixeron deixar marxe a sorpresa e levaron o peso do partido ante un Muxía que apesares do xusto do seus efectivos deu unha boa imaxe en Corcubión.
Os vinte minutos de partido o local Santi aproveitou un rexeite no borde do área e de forte disparo marcou o 1-0 ante o cal non puido facer nada o mellor xogador visitante no partido deste sábado o gardamallas Ángel Luís.
O gol non permitiu a relexación local que aumentaron a distancia os 31 minutos cando despois dunha gran xogada colectiva o dianteiro Lourido puña o 2-0 definitivo.
Dende aquí ata o final o Corcubión adicouse a conservar o resultado que lles daba o ascenso e o Muxía tentouno pero co once xusto aínda tivo que acabar o encontró con dous xogadores con evidentes problemas físicos como foron Álvaro e David que o deron todo por non deixar en inferioridade os seus compañeiros.
O Corcubión festexou o ascenso e o Muxía espera rematar a tempada cun bo sabor de boca ante o Mazaricos que aínda que xa ascendido perdeu case tódalas opcións de título nesta  última xornada. Esperemos que poda contar con algún xogador no banquillo, xa que desta vez os xuveniles xogarán sábado e maiores domingo. 
Imaxes da semana pasada fronte o Alcaían.

No hay comentarios:

Publicar un comentario