martes, 15 de marzo de 2011

Laxe- Muxía. 3-2.

LAXE: Jacobo, López, Aarón, Óscar, Jacinto, Rubén, Adán, Dani Gándara (Anxo, min.60), Felipe (Carlos, min.80), Samuel e Antonio Castro (Beizana, min.70).

MUXÍA: Ángel Luis, Luis  Romaní (Fran Gemelo, min.80), Josiño, Chori, Álvaro, Dani, José Antonio, Sancho,Oscar Canario, Chans e Fran Pioto.



Goles: 1-0, min.20: Rubén, de penalti; 1-1, min.25: Fran Pioto; 1-2, min.57: Fran Pioto; 2-2, min.80: Samuel; 3-2, min.83: Rubén de penalti.

Expulsión: a Ángel Luis, do Muxía (min.83).

 O Laxe levouse un partido bonito disputado no Cabo D’Area, fronte a un Muxía mermado por non poder dispor dos seus futbolistas xuvenís que xogaban a mesma hora o seu partido de Copa da Costa en Esteiro., ata o punto que tivo que vestirse o seu adestrador Luís Romaní. Os locais adiantáronse moi pronto no marcador, grazas a un penalti convertido por Rubén. Sen embargo, un libre directo e outra boa acción de Fran Pioto voltearon o duelo. O Muxía perdoou sobre todo o seu goleador Fran Pioto cunha vaselina que non foi gol por pouco e acabou condenándo un penalti cometido por Ángel Luís sobre Felipe que o agarrou para evitar o gol. Álvaro puxose baixo os paus pero non foi quen de paralo.
 Imaxes do partido da semana pasada Muxía- Cerqueda.

Agradecementos a Que pasa na Costa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario