jueves, 10 de marzo de 2011

Messina Gate. Parte 2.


Pero como xa anunciábamos na parte 1 non todo ía vir de cara.
Xusto cando voltaba o equipo Felipe Reyes despois de perderse o comenzo de tempada, o que levou consigo a perda de importancia de Velickovic a sensación ata aquel momento no Real Madrid, lesionase o 12 de Decembro de 2009 Llull o outro gran home de Ettore tanto en ataque coma en defensa. Solo un día despois chegaba a primeira derrota en ACB no Sar ante o Obradoiro. Xuntanselle os problemas físicos de Hansen a visita a Vitoria e nova derrota. O próximo partido era o Barsa e aínda máis lesionados de última hora, a imposibilidade de anotar a Hervelle e baixo mínimos os cules asaltan Vistalegre, gañan de malleira e Mickael era clave por primeira vez.

Deciden fichar a Marko Jaric para axudar en principio nos postos de 1,2 e 3, un ex NBA e ex-Messina en Boloña, excelente penetrador pero nulo no tiro, algo que xunto o posto de 5 ansiaba o Real Madrid. Debutaba a seguinte xornada contra Estudiantes na cuarta derrota consecutiva despois de que os colexiales forzaran a prorroga cun triple a desesperada de Jansen. Primeiros nervos e cambios no plantel, chega Ante Tomic o novo Gasol croata din, e sale Dasic camiño de Gran Canaria onde non acabou nin a tempada e Hervelle que participara en 7 dos 15 primeiros partidos sendo o último o de Estudiantes cara a Bilbao Basket. Consiguen colocar a Massey que adestraba co filial en Obradoiro.

Con eses primeiros nervos , aparecen os primeiros rumores que Kaukenas e Lavrinovic non entenden os sistemas , que o adestrador e moi duro cos xogadores non lles da confianza ningunha e o primeiro erro volta o banco e que fai demasiadas cousas de cara a galería. Pero ata a Copa de Febreiro reconducese a situación.

A fase final de Copa disputase en Bilbao. En cuartos gañan o DKV e en semifinales o Caja Laboral sin Splitter foi un xoguete. Estaban lanzados e parecía que disputarían a final o Barsa. Florentino desplazase a Bilbao e asiste ante Súa Maxestade o Rei como o proxecto Messina emborcaba e solo aguantaba un cuarto. O Barsa humillounos en defensa, ataque , tiro exterior , xogo por encima do aro....Non foron quen de paralos.

Deu toda a impresión de que Florentino deixou de creer o pouco que cría no baloncesto e Messina na plantilla que acababa de construir. Seguen os problemas cos lituanos, Velickovic decrece e cambian os roles ahora o xogo e sistemas plantexaranse para Ante Tomic.

Toca un difícil grupo no Top 16 con Maccabi,Efes e Siena, pero chegan clasificados o último partido e dilapidan máis de 10 puntos de vantaxe no último cuarto ante Maccabi o que levaba os blancos a un cruce de cuartos co Barsa.

Foi nesa serie onde se vio algo de luz. Xogo para Tomic que destrozou o Barsa, por algo fichou a Perovic esta tempada, pero a serie foi tres a un para os cataláns que despois conseguiron a súa segunda Euroliga.

Messina desquiciase despois desta serie. Antes de play offs Kaukenas quedase definitivamente sen ficha, a hernia de Hansen tamén o deixa fora e fichase o desconocido e fiasco total Almond e dase de alta a un novo pivot Van der Spiegel. Velickovic pasara a xogar de 3 pensando nunha hipotética final co Barsa.

O Cajasol de Plaza é o rival de cuartos e a pesar de que gaña o primeiro partido os blancos pasan e veranse en semis contra o Caja Laboral. Despois de cinco apasionantes partidos o factor cancha é definitivo e fin da primeira tempada de Messina en blanco e co Barsa con opción de triplete. Pero os vitorianos con Splitter e San Emeterio a cabeza dan a sorpresa cun 0-3 nas series finais evitando o triplete.

Messina poñe o cargo a disposición do clube a fin da tempada pero deciden que siga, como seguiremos nos nun próximo artigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario