martes, 22 de marzo de 2011

Copa Xuvenil.Muxía - Esteirana. 4-2.


MUXÍA : Cristian, Antoniño, Martín, Jose Manuel, Fabián, Pereira, Javi ( min 46 Peski ), Julián, Alberto ( min 46 Iván Lagoa), Fran Sambad ( min. 63 Felipe ), Carliños ( min 70 Fran Bello).


ESTEIRANA: Carecemos dos datos.

Goles : 1-0 minuto 20 Carliños, 1-1 minuto 51, 2-1 minuto 60 Peski, 2-2 minuto 67, 3-2 minuto 87 Iván Lagoa, 4-2 minuto 90 Iván Lagoa.

Traia o Muxía vantaxe de 3-2 do partido en Esteiro e eso fixo saír relaxados a un partido con arbitro xoven pero de Terceira división e con linieres, un trencilla que semanas atrás viña de dirixir o gran partido da Terceira galega o Ferrol- Ourense. Non puido ver moito o sábado na Arliña.

Tan durmido saio o Muxía que xa no primeiro minuto a piques estivo de marcar o Esteirana. As imprecisións sobre o campo continuaron nos primeiros 15 minutos sobre todo da defensa local. Ata que os 20 minutos Fran Sambad loitou un balón ata o final e deixou para que Carliños puxera en vantaxe os locais, cun balón que entrou chorando e o que lle dou validez o linier.

A partires de aquí o Muxía tivo as millores ocasións pero sin un moi bo xogo e máis ben por deméritos visitantes. Así Carliños marrou unha ocasión no minuto 27. Pouco despois era Alberto o que mandaba unha falta o pau no minuto 33 e no 35 erraba outra boa ocasión.

No 35 e 36 eran Fran Sambad e Javi de cabeza os que estiveron preto do gol. Pero a dous para o final da primeira metade unha falta lateral do Esteirana paseouse por toda a área e foise o pau. No último minuto da primeira metade foi o local Jose Manuel o que errou un cabezazo con toda a portería para el.

Xa na segunda metade foi Peski quen errou nada máis entrar, pero dende esa ocasión o Muxía deixouse ir e no 51 os visitantes empataban. No 53 lanzaban con perigo unha falta e no 55 un defensa local tiña que sacar o balón da linea mentras os visitantes pedían o gol.

Unha contra de Carliños que deixou solo a Peski e este en semierro marcaba case sin querer voltaba a poñer en vantaxe os locais. E de novo a deixarse ir e a empatar o Esteirana no 67, que quedaba a solo un gol de mandar o partido a prórroga. Nervos nos dous equipos e un par de ocasións para cada lado. Unha de Iván Lagoa no Muxía e outra nos visitantes.

Ata que no 87 e no 90 dous goles de Iván Lagoa deixaban a eliminatoria na casa e o pase a cuartos selado.

Uns cuartos onde espera o Soneira subcampeón do grupo Sur, que sufriu ata o 93 cando un gol de Basti conseguiu o seu pase. Repetiranse os cuartos de fai 2 anos onde o Muxía saliu victorioso, pero desta vez moito teran que mellorar defensivamente os da vila da Barca si queren seguir vivos na competición ante un equipo que conta con varios xogadores que xa debutaron en Preferente esta tempada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario