viernes, 18 de marzo de 2011

Rapaces, White Hart Lane !


Pois o sorteo emparellou o Real Madrid contra o Tottenham Hotspur, o equipo do Norte de Londres sera o rival en cuartos. Os rapaces de Harry Redknapp son un equipo moi vértical, con moi bos xogadores para afrontar o ataque pero con carencias en defensa. Así que os analizaremos un pouco. Un equipo no que militan os desexados Bale e Modric.


Primeiro diremos o que o noso parecer é o once tipo do equipo nesta competición, aínda que con dúas dúbidas o posto de central e o de mediocentro defensivo. Na portería o brasileiro Gomes ex do PSV seguro. No lateral dereito estará o croata Corlucka, máis difícil sería que xogaran Alan Hutton ou Kaboul, unha posición débil no equipo londinense.

No centro da defensa outra das posicións que presentan dúbidas nos londinenses. Os preferidos de Redknapp son o ex do Arsenal o veterano francés Gallas e o sempiterno capitán Ledley King, pero como son dous xogadores moi frecuentes na enfermería o segundo capitán Michael Dawson ten as súas opcións. Outro que tería opcións é Sebastien Bassong para nos o que debería ser central titular dos Spurs xunto con Gallas ou King, pero como decide Harry, non nos poñemos. O ex do Real Madrid Woodgate xa case nin conta, solo unha participación en todo o ano. Como é difícil que estean en forma, posición débil.

O lateral esquerdo seguro tamén para Assou-Ekotto, para liberar a unha das estrelas do equipo o gales Gareth Bale. Tan clara non está a posición de mediocentro defensivo, pola que loitaran o hondureño Wilson Palacios, Jermeaine Jenas o brasileiro Sandro e Huddlestone teñen menos opcións. Si Harry decidira cambiar o sistema e cargarse a Van der Vart ou a un dos homes de banda para apoiar a Modric, podería haber opcións para dous dos catro. O mediocentro ofensivo sera o croata Luka Modric sendo o seu sustituto habitual o tamén croata Niko Kranjcar. Moito fútbol nos croatas pouco no resto, destrucción pura e dura.

O tridente por detrás do dianteiro esta claro, pola dereita Aaron Lennon, un velocista con moita chegada. No centro o exmadridista Rafael Van der Vart, que vamos a falar del amosou moito e bo no Bernabeu e estao a facer en The Lane. Pola esquerda o neno maravilla, a sensación de Europa o gales Gareth Bale, pouco que falar tamén del. Si faltara algún deles a incorporación de inverno o ex do Everton o sudafricano Steven Pienaar.

Para a dianteira o titular é o larguirucho Peter Crouch e o seu habitual suplente o espigado ruso Roman Pavlyuchenco, o pequeno Jermain Defoe apenas aparece a estas alturas de Champions pero quen sabe si terá a súa oportunidade.

En defenitiva un bó equipo, mellor en ataque que en defensa. Que foi primeiro no grupo do Inter e eliminou o Milán, así que na cidade lombarda non debe ser moi querido. Que vai quinto en liga e o ano pasado deixou sen Champions o millonario City, gañandolle o enfrontamento directo nas xornadas finales. Un equipo que ten un pequeño oco no corazón do que escribe pero ante o Real Madrid non hai miramentos, espermos pasar para enfrontarnos contra o Barsa. Eso si a volta sera o 13 de Abril mercores , e o sábado xogarase contra o mesmo Barsa no Bernabeu preludio da final de Copa o día 20, queixarase Mou do calendario, os cataláns xogan en Donestk o día 12. Quizáis xa non teñamos opcións de Liga nesas datas.

Este foi un análise rápido e cos poucos medios que conta un servidor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario