martes, 29 de marzo de 2011

Copa Xuvenil.Muxía - Soneira. 4-3.

MUXÍA : Cristian, Fabián, Martín, Jose Manuel, Iván, Julián, Pereira, Alberto, Javi( minuto 85 Fran Sambad ), Carliños ,Peski( minuto 80 Antoniño).
SONEIRA : Victor, Vicente, Suso( Ismael minuto 55 ), Alberto, Pichón, Dani, Mayor ( minuto 80 Cachirulo ), Marcos Curra, Cristian, Basti, Fernando.
GOLES : 0-1 minuto 1 Basti, 1-1 minuto 30 Jose Manuel, 1-2 minuto 44 Mayor, 2-2 minuto 55 Martín, 3-2 minuto 60 Alberto, 4-2 minuto 70 Alberto, 4-3 minuto 90 Basti.
Repetiase na Arliña a eliminatoria de cuartos de fai dous anos nesta mesma rolda, aquela vez pasou o Muxía. Os soneiráns con Jose Manuel  “ Cho” no banco polo sancionado Miguel partían como favoritos pero como xa lles pasou na rolda anterior a Copa é outra cousa.
Aínda que comenzaba dunha maneira fantástica para os visitantes, xa que un saque longo do porteiro visitante Vicente tragouno o porteiro local Cristian o cal solo foi quen de tocalo enviando o pau deixando franco para que Basti fixera o 0-1 a pracer.
Empezaron os nervos nos locais sobre todo no seu porteiro. O Soneira co vento a favor nesta primeira metade tentou aproveitar a circunstancia e probaba o porteiro local Cristian dende lonxe pero cada vez foise sentindo máis cómodo e con el o equipo.
Mediada a primeira metade foi Carliños o que tivo una excelente ocasión para o Muxía e pouco despois foi o sempre perigoso por banda Peski o que tamén a tivo.
E  foi así no medio da millora local cando despois dun saque de esquina cando Jose Manuel de cabeza igualaba o marcador. O partido seguiu os mesmos derroteiros lanzamentos lonxanos visitantes e tentativas de contra local.
Cando parecía que se chegaría o descanso co empate, unha falta lonxana foi lanzada por Mayor e colouse poñendo o desesperanzador 1-2 para os locais.
Pero na segunda metade todo cambiou e co vento a favor o Muxía tomou a iniciativa do encontro comandado por un excepcional Alberto que fou un continuo pesadelo para a defensa visitante.
Así Martín e Alberto por dúas veces remontaban o partido e levaban un 4-2 o tanteador o que parecía un gran resultado para a volta.
Algo que non ocorreu porque no último minuto do partido o sempre oportunista Basti colou o 4-3 que deixa unha eliminatoria moi aberta para a volta no Municipal de Vimianzo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario