miércoles, 9 de marzo de 2011

Muxía- Cerqueda. 1-0


Muxía : Papi, Chans, Josiño, Chori, David ( min. 35 Dani ), Álvaro, Oscar Canario ( min. 70 Sancho), Alberto( min. 88 Fran Gemelo), Fran Pioto, Dimas Leivinha, Peski.
Cerqueda :Fredi, Rober, Athu, Javi, Dani, Santi, Alex, Dieguito (Che, min.75), Gabi (Garrido, min.63), Lorenzo e Uru.

Gol: Minuto 67 pase longo de Dimas Leivinha e Fran Pioto poñelle o corpo o defensa e cruza o lanzamento ante o porteiro.
O Muxía conseguía a súa segunda victoria consecutiva nunha tarde de sol na Arliña na que se enfrontaban dous equipos que solo se xogaban o quedar o mellor clasificados posibles o que propiciou un entretido encontro.
Salían os equipos dispostos a divertirse e así foi un partido de guante blanco. Eso si os cinco minutos o local David quedabaselle trabado o xeonllo e aínda que continuou ate o minuto 35, nese minuto tivo que deixar o campo. No puramente futbolistico o Cerqueda domiñou territorialmente pero así os locais sentianse cómodos e saín a contra e con bó manexo de balón. No minuto doce un centro chut dun xogador visitante voiaba pola porteria local pero non entraba. Así continuou a primeira metade cun Cerqueda tentando o gol e os muxiáns saíndo a contra con paredes sobre todo cos seus homes de ataque con chegadas de Fran Pioto, Dimas Leivinha e o rápido Peski.
Todo pudo cambiar no minuto 39 cando Lorenzo se prantou sólo ante Papi pero non foi quen de superalo. Pero a xogada seguinte Fran Pioto encaraba o porteiro superabao pero o lanzamento salialle frouxo e un defensa salvaba baixo paus. No minuto 45 unha falta de entendemento entre a defensa e o porteiro local Papi non foi gol por pouco.
A segunda metade comenzaba co mesmo guión, pero con diferente desenvolvemento, porque os visitantes apenas inquietaban e solo o facían con lanzamentos lonxanos que non inquedaban a Papi, moi seguro toda a tarde. O Muxía cada vez salia con máis perigo con balóns longos sobre Fran Pioto e o xuvenil Peski. E nunha desas Dimas Leivinha conectaba con Fran Pioto que sellaba o central rival e cruzaba o balón o porteiro facendo imposible a súa estirada.
Todo cambiou nese momento o Cerqueda xa non se sentio con folgos de remontar e o Muxía aínda tivo a oportunidade de incrementar a ventaxe , aínda que o xuvenil Peski no minuto 35 e no 45 e Fran Pioto no minuto 41 non atinaron ca porteria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario