domingo, 13 de marzo de 2011

Manureva- Fisober B. 3-0

LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : MANUREVA- FISOBER “B” CONCELLO DE VIMIANZO. 3-0.
Manureva : Melania, Cintia, Nerea López, Noa e Olalla Vilela , tamén xogaron Lucía, Nerea Castro, Tatiana, Virginia e Olalla García.
FISOBER “ B” C. VIMIANZO: Eva, Ylenia, Andrea, Noelia e Myrella , tamén xogaron Elsa e Olalla.

ARBITROS : Jose Lamas e Fernando Barros.
GOLES :  1-0 Nerea López, 2-0 Virginia, 3-0 Nerea Castro de penalti.
Partido moi entretido e disputado  entre o filial de Fisober e Manureva na tarde do sábado no coqueto pavillón de Ponte dos Brozos en Arteixo, no cal a falta de gol que están a amosar nos últimos partidos as visitantes voltou a privalas de sacar algo mellor, ante un equipo veterano e moi perigoso na casa.
Pero a pesares da dificultade do rival o partido comenzou moi ben para as de Fisober xa que en dúas ocasións case consecutivas Myrella atopou  a Andrea e deixouna ante a porteira pero non foi quen de superala. Esto encendio as locais que tentaron cambiar  o ritmo e dominio do partido. Aínda que colleron o dominio non creaban demasiado perigo.
Tentaba Manureva descolocar as visitantes e deixar en vantaxe a Nerea López  pero o bó traballo das de Fisober non deixaba conquerilo. Comenzaron as locais a probar a Eva dende lonxe  sen apenas perigo. Nunha desas case na única ocasión que na primeira metade se descolocou algo Fisober  Nerea López quedouse ante Eva e non errou conseguindo o un a cero no minuto 10.
Non desistiu Fisober e continuou ca mesma seriedade. Así tivo unha boa ocasión uns minutos despois cando Ylenia no saque dunha falta vio sóla a Elsa que disparou preto da escadra, a sorte seguía sin sorrir as visitantes. Algunha ocasión para os dous equipos e moita intensidade facían transcurrir a primeira metade.
Aínda que foi nos últimos segundos da primeira metade cando de novo a local Nerea López encaraba a Eva e lle picaba o balón por encima e cando xa se cantaba o gol chegou como un lóstrego Ylenia que enviaba o balón a saque de esquina ante a ledicia das súas compañeiras  e deixaba vivo o partido.
A segunda metade seguía co mesmo guión aínda que o Fisober desperezouse algo máis e tentou con máis gañas igualar o resultado. Virginia polas locais e Noelia polas visitantes eran as que gozaban das mellores ocasións pero o resultado non variaba.
O xogo voltouse máis trabado e con máis faltas. No minuto 12 desta segunda metade esta vez si Virginia aproveitaba e poñía o desesperador 2-0 para as de Fisober porque no intercambio de golpes sempre cae o gol na súa portería. E case sen recuperarse do golpe un penalti dous minutos despois  que transformaba Nerea Castro poñía o que despois foi o defenitivo 3-0.
Os últimos dez minutos foron de dominio do Fisober, cun querer e non poder, con novas ocasións pero a sorte non quixo que nin siquera nunha ocasión o balón entrara na portería de Manureva. Con ese resultado chegouse o final.
Fisober reclamou un penalti co 1-0.
A próxima semana reciben a visita do equipo máis en forma da categoría cunha segunda volta espectacular  outro filial o do equipo de División de Prata, Viaxes Amarelle. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario