miércoles, 2 de marzo de 2011

At. Pereiriña- Muxía. 1-3.

Terceira victoria como visitante do Muxía nun partido que acabou antes de tempo por unha tangana.

ATL. PEREIRIÑA: Andrés, Simón, Mario (Álvaro, min.46), Javi, Riki, Alex, Villar, Adán, Morcillo, Víctor (Grille, min.60), Javi Marroco.

MUXÍA: Angel Luís, Chans, Josiño, Chori, David, Dani (Álvaro, min.60), Pesqui, Alberto (Sancho, min.70), Fran Pioto (Fran Gemelo, min.80), Dimas Leivinha, Oscar Canario. 

Goles: 0-1, min.15: Morcillo; 1-1, min.25: Fran Pioto; 1-2, min.60: Dimas; 1-3, min.80: Fran Pioto.

Expulsión: o local Adán no min.65, despois dun lance con Dani.

Voltou a senda da victoria o Muxía un mes despois xa que a última fora o 23 de xaneiro na Arliña fronte o Lira na xornada 20. Nun partido que se voltou moi duro co transcurso do partido.

Co 0-0 Dimas Leivinha tivo unha clara ocasión nun man a man co porteiro pero defenio mal por encima do mesmo e o balón foiselle desviado. Pouco despois Morcillo adiantaba os locais. Pero Fran Pioto empezaba no minuto 25.


Na segunda metade Dimas Leivinha aproveitaba un rexeite do porteiro a tiro de Fran Pioto e adiantou o Muxía. Despois os locais apretaron pero a expulsión de Adán frenou o seu impetú. Unha vez que o Muxía marcou o terceiro o encontro voltouse máis tenso. E así foi que unha patada sen balón dun xogador local provocou unha tangana co que se deu por terminado o partido. O colexiado informou de que mandaria Anexo, si maña salen as sancións saberemos as repercusións.

Agradecemos a colaboración de Que Pasa na costa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario