miércoles, 9 de marzo de 2011

Messina Gate. Parte 1.

Xuño do 2009, Florentino Pérez voltaba a presidencia do Real Madrid sen necesidade de eleccións e por aclamación popular.

Chegaba con Kaká e Cristiano da man para o fútbol, xa que con Pelegrini como logo se vio aínda que chegou cos anteriores a confianza era case nula.

Para o baloncesto chegaba Ettore Messina, o home que un ano antes rexeitara o proxecto do Barcelona. Con catro Euroligas baixo o brazo e que na última Final Four de Berlín ese mesmo ano apeara o Barcelona en semifinales despois de un excelente plantexamento táctico que cargou todo o xogo ofensivo do CSKA sobre a defensa de Navarro e levouno o banco con tres faltas o principio do partido. Logo uns últimos minutos primorosos de Siskaukas levaron o CSKA  a unha final que perdería co Panathinaikos 73 a 71. Pechaba así a etapa CSKA nacía a Real Madrid.

Proxecto presuntamente a tres anos para voltar a élite europea do baloncesto. Nadie dubidaba, por fin Florentino Pérez confiaba no baloncesto pensaban os siareiros. Pero mentras o Real iniciaba a nova etapa o Barcelona facía un plantel de ensoño, sin os que se cegaron co nome de Messina o viran. Os Navarro, Vázquez......engadianselle os ex-CSKA Lorbek e Morris, o mellor extracomunitario da ACB Mickael, un gran complemento como N'dong e o rapaz maravilla Ricky Rubio, este último en dura loita co Real Madrid. Chichi Creus daballe a Xavi Pascual un grupo excelente a pesar da marcha de D. Andersen e Ilyasova.

Messina debeu de asustarse o ver o que constuira o Barsa e decidiu tirar de xente veterana, no Real non hai tres anos de marxe solo vale o ahora, gran problema. Quedouse con Bullock( moi o seu pesar), Felipe ( algo do mesmo non lle valía de 5 e para 4 o catanese sempre quixo un home que tirase de 3 e penetrase, Llull e Van der Spiegel lesionado de larga duración. Xuntoulles veteranos de guerra, Prigioni e Vidal do Tau ( nunha operación que levou a Oleson a Vitoria e na cal non quixeron a San Emeterio de ventaxistas seria ahora preferilo a Vidal que fixera un temporadon), Kaukenas, Hansen, Lavrinovic e o antimadridista Garbajosa. A eles xuntaronselles duas xovenes promesas balcánicas Velickovic as baixas dos pivots a principio de tempada fixo imprescindible e ilusionante e o inédito Dasic. Tanto veterano conlevaba risco de lesións e sen ningún dos galácticos dos que pediu Messina. Hervelle seguía no plantel pero sen ficha. Moitas baixas e compensacións de soldos da era Plaza.

A tempada arrincaba en Gran Canaria ca Supercopa onde Prigioni perdeu o balón do título. En liga ACB dez de dez, Messina heroe do madridismo , incluso pedían que adestrara o equipo de fúbol. Tempos mortos televisivos que encendían os siareiros, en Euroliga doble victoria o Panathinaikos( gañador da Euroliga 2009 ), que máis se podía pedir. Pero os que vixiabamos o equipo asegurabamos a eses tertulianos de bar que non era todo ouro o que relucía, que o equipo estaba moi lonxe do Barcelona, que cando nos cruzaramos voltariamos a realidade. Imposible auguraban.

Continuará...

No hay comentarios:

Publicar un comentario