viernes, 11 de marzo de 2011

Messina Gate. Parte 3 e final.

Proseguimos co análise despois da parte 1 e 2.

Comenza a segunda tempada da Era Messina. Deixase Vistalegre pola tan odiada polos siareiros Caixa Máxica e con elo parece que cambia o rumbo e a filosofía da sección apostandose por un equipo máis de futuro. Vaise Maceiras como xefe de baloncesto e chega J.C. Sánchez, home do presidente pero de coñecementos nulos.
Vanse Kaukenas, Van der Spiegel, Lavrinovic, Almond, Hansen, Jaric e o idolatrado Bullock, parece ser porque non defendía. Para suplilos chega Tucker aínda que o desexado era o ahora barcelonista Alan Anderson pero o soldo impediuno, D´or Fischer para tentar frenar o xogo por encima do aro, Mirotic a gran promesa blanca, Carlos Suárez por fin un 3 e Serxio Rodríguez un base que non pegaba co xogo de Messina, dudamos que el o pedira.

O equipo comenza bastante ben, intratable na Caixa Máxica pero con pifias en partidos máis que asequibles fora coma en Alicante, Charleroi e Brose Basket...pecado de xuventude din. Co paso dos meses Messina parece que vai afloxando a man dura, pero dentro do vestiario estase xerminando algo.
En Xaneiro prescindese de Garbajosa, a quen tratara de cortar no verán e traese a un 5 como é Begic, outro que parece que tampouco fichou Messina. O bó é que Mirotic tera máis minutos e acrecenta a súa mellora.

Na Liga ACB o equipo aguanta o ritmo do Barsa excepto no enfrontamento directo ademáis das consavidas derrotas en partidos con colistas. En Euroliga Top 16 encamiñado e chega a Copa.

Desfanse en cuartos de Gran Canaria e do Power en semifinais con máis ou menos problemas. De novo na final espera o Barsa. Este ano aguantan a primeira metade igualada pero uns malos minutos no terceiro fan que o Barsa se leve a Copa co desexado Anderson como MVP.

Pero dende aquí todo empeza a estoupar aínda que conseguen ser primeiros no grupo do Top 16, duas derrotas consecutivas en ACB e a falta de intensidade co Siena fan que Messina dimita, cos multiples rumores de razóns polo que foi.

Messina en Italia acusa a prensa española de falta de dignidade ( Marca sempre moi crítico con el, quereran eles colocar a Pepú, a parte do Mundial que gañou , non me parece o futuro, e que busca o turbio. Que sempre protexe o xogador nacional ante o extranxeiro. Fala da mala estructura do clube e da necesidade de gañar. Da falta de madurez do vestiario e arremete contra Felipe Reyes. Do que os rumores ,como xa diciamos no seu día, afirman que se aliñou con Garbajosa e co apoio de Llull foron a por Messina. Falta de interese nos adestramentos e demáis. Aparece o nome de Vidal tamén como culpable.

Máis triste co divorcio con Messina foi a actitude do clube onde nin Florentino, nin Valdano deron a cara e Juan Carlos Sánchez viuse sobrepasado e non supo que decir. O baloncesto parece un apestado no clube.

Esto é o Madrid frente o baloncesto desde fai anos, mantense a sección con bastante cara de disgusto, pero non se actúa como se debía. Pode que dende fai meses podían encauzar o crecente cisma que saltou despois. Unha reunión Messina-plantel podía arranxar cousas. Todos se equivocaron un pouco Messina abandoando o barco en Marzo as portas da Final Four, Valencia estara contento, os xogadores por revelarse e o clube polo pasotismo.

Pero esto solo pode ser o preludio do que lle pode pasar a Mou aínda que a el fanlle máis caso e cumplenlle requisitos como afastar a Valdano. Pero ten diante coma no baloncesto un super-Barsa e os camiños parecen calcados, esperemos que non termine da mesma maneira.

Nos partidos da era Molin, viuse un Prigioni como xeneral na pista, un Reyes nun estado lamentable de forma, Llull ben no tiro pero moi nervoso nas penetracións e Vidal e Begic que seguen fora das rotacións. De Tucker merece a pena nin falar, un extracomunitario con 1.6 de valoración nos últimos oito partidos, lamentable.

Para o final un inciso que pedía Vicente Salaner na súa columna dos luns no Mundo , pregunta se non sería mellor arrendar a marca Real Madrid a un grupo de autonomos que o menos sintise o baloncesto madridista. Sería algo similar o que pasa cos grandes en Grecia ou Turquía.
Parte 1.
Parte 2.

No hay comentarios:

Publicar un comentario