lunes, 21 de marzo de 2011

Fisober B- Boqueixón.3-2.


LIGA PROVINCIAL

RESULTADO: FISOBER “B” CONCELLO DE VIMIANZO- BOQUEIXÓN. 3-2.

FISOBER “B” C. VIMIANZO: Eva, Ylenia, María, Noelia e Myrella; tamén xogaron : Andrea, Patri e Ana.

BOQUEIXÓN: Rocío, Lidia, Tania, Salome e Paula; tamén xogaron: Pilar e Marina.

GOLES: 0-1 Paula, 1-1 Ylenia, 1-2 Paula, 2-2 Ylenia, 3-2 Ana.

ARBITROS: Jose Luis Villarino e Sandra Vilouta.

Xogabase o domingo o segundo partido do fin de semana para o filial do Fisober un encontro aprazado no seu día fronte a Boqueixón. E no día que menos o mereceron voltaron a senda da victoria. Voltaron as andadas despois do gran partido do día anterior fronte o Amarelle B . Quizais foi o cansanzo, ou que o rival as superou en colocación sobre a pista, ou o xogar na pouco habitual pista de Baiñas o certo foi que non se atoparon cómodas.
E por encima principiaron co resultado na súa contra, xa que a visitante Paula aproveitou un roubo de balón e poñía as súas por diante no primeiro minuto sobre a pista. Comenzaban os nervos para o filial que non sabía como botarlle a man o Boqueixón.

Os catro minutos Noelia dispuña da primeira ocasión local. Pero foi solo un minuto despois cando un dereitazo de Ylenia o que devolvía a igualada o electrónico. Pero o xogo local non melloraba demasiado nervosas parecían.
De novo a visitante Paula atopaba un oco na defensa local e voltaba a poner o Boqueixón por diante e de novo os nervos nas locais. Ata o punto que os adestradores do Fisober se virón obrigados a pedir un tempo morto, pero as cousas seguían sen mellorar.

Tivo que ser de novo Ylenia con outro dereitazo a que rescatara as súas e voltara a igualar o tanteador. Domiñaba o filial pero sen moito sentido nen moita claridade. Eso si nos últimos segundos desta primeira metade de novo Noelia non era quen de superar a porteira visitante Rocío, chegandose ca igualada o descanso.

A segunda metade comenzaba cunha nova ocasión da local Noelia a que respondía case acto seguido a bigoleadora visitante Paula. Parecía máis tolo este periodo porque a tamén bigoleadora local Ylenia probaba a porteira visitante.

Pero logo destes primeiros minutos de ida e volta o partido voltou a ser como na primeira metade. A boa colocación visitante era un muro infranqueable para as de Fisober e aínda por encima unha xogada das do Boqueixón levaba o balón o longueiro, amedentrando as locais.

O partido parecía abocado o empate cando a sete para o final Ana atopouse cun balón na area e despois de levarse o balón a base de rexeites desfacía a igualada.
Dende aquí ata o final empuxe do Boqueixón, que incluso xogou os últimos catro minutos con porteira-xogadora pechando o Fisober na súa area pero a sorte este domingo acompañounas e conseguiron a victoria despois de moito sufrimento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario