lunes, 6 de junio de 2011

Letras sobre o basket.

Despois do cataclismo na sección de baloncesto do Real Madrid adicamonos a leer como se vía o desastre dende outras plumas e case todas apuntan o mesmo lugar, na liña que nos tamén apuntábamos.



Basamonos en dous dos periodistas que máis saben de baloncesto neste país, o columnista de Marca , Ramón Trecet e o de El Mundo, Vicente Salaner. Os dous encamiñanse a que o clube decidir quen debe levar o mando na sección e non debe de ser outro que Juan Antonio Corbalán, curioso o tema.

Apuntan a que tan incómodo e o baloncesto  para Florentino Pérez que colocou a un amigo o señor Juan Carlos Sánchez na dirección solo para ter garantizada a confianza e a lealtade. Pero eso non é suficiente argumento para xustificar o desempeño dunha tarefa organizativa e técnica de gran responsibilidade e dificultade nun clube profesional de primeirísimo nivel. Non é serio. Máis aínda se o teu lado se senta un Alberto Herreros que pasou directamente dun histórico triple os despachos sin ningunha carreira como técnico ou scout entre medias.

Pero todo dende o principio da tempada empezou mal, Florentino e Valdano convenceron a Ettore para que non se marchara. Pero os 20 minutos  do partido da Supercopa co Barsa dase de conta que se equivocara, non é capaz de infundirlle actitude os seus xogadores, xa está morto. Ese día voltou a pensar en presentar a dimisión. Antigos xogadores incrédulos  afirma que parece que non saben a camiseta que levan.
Aparecen as divisións entre xogadores, os que contan, os que non, os que pensan que deben xogar máis e as continuas filtracións a prensa...Messina nunca se enfrontara a algo parecido a esto e aínda por encima o seu xefe J.C. Sánchez faille a cama. O cómodo calendario deixa camiñar o Real Madrid con aparente tranquilidade, ata que na Copa aguantan unha parte pero o banquillo cambia o partido. Aparece un dato que todos pasan por alto, Rosell abraza a Ettore, Florentino dalle a man fríamente.

Messina dimite, nin xogadores, nin directivos , nin prensa confían nel. Cataclismo no clube. Molin bo segundo pero que non está acostumado a decidir toma o mando. A plantilla que non é tonta sabe que ahora todalas miradas apuntan a eles e deciden aplicarse. E fano ata a clasificación para a Final Four, ese día decidiron que ata alí chegaban e volven os problemas da raíz a falta de intensidade, comunicación, implicación……..

Deixanse ir e o deixarse ir  deixan o descuberto a mentalidade de equipo pequeno, de que non confían nas súas posibilidades. De fixarse un obxetivo menor porque non se creen capacitados para grandes logros, dandolle así a razón a Messina. Pero como el conformou a plantilla e non a supo conducir, por eso dimitio. Unha plantilla que o volver da Supercopa en Vitoria dixeron que se ían deixar as pelotas, claro quedou que non o fixeron.


Os fichaxes e despidos sin xeito nin maneira amosan o estado da sección. Pero non son máis ca un indicio dun problema moi profundo. Non se trata solo de cambiar os responsables, salvo si se quere seguir deambulando ata que se decida facer desaparecer a sección. Tratase de replantexar de arriba abaixo a relación do clube co baloncesto. De establecer un nivel claro de compromiso, de colocar un responsable da sección con tanta autoridade e capacidade de interlocución sen intermediarios coa presidencia como Mourinho ( xa sabemos o que lle pasou a Pellegrini) e cunha credibilidade madridista e baloncestística intachable.

Dende ese punto debería vir o resto, un ocupante para o banco, os fichaxes, despidos, …….para cando o prometido pabellón en Valdebebas, ou como mínimo un lugar para adestrar na cidade deportiva, o cal sería un reforzo para a fundamental canteira.

Fará esto Florentino Pérez, improbable pero gustoso como é das encuestas e de saber todo o que se coce, algo está moi claro o madridismo dende  case tódolos ámbitos cree necesario un gran cambio no baloncesto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario