viernes, 1 de julio de 2011

Laso non é o problema ?

Xa se presentou o que será novo adestrador da sección de baloncesto do Real Madrid e o elixido foi  Pablo Laso.


Os siareiros están descontentos e desilusionados pola súa contratación, máis polo desinterese pola sección que se amosa que pola contratación en si. El defendese que Obradovic gañou no seu primeiro ano a Euroliga e así ata tres anos seguidos con tres equipos diferentes. Pero aquí o problema é outro, non pensamos que non poída ser un bo adestrador e facelo ben. Pero non se pode negar que Florentino elexiuno por barato, despois da mala experiencia con Messina e da marcha atrás ca sablada que ía pegar Repesa. Pesic, Pianigini e demáis eran caros e total para o que lle importa o basket un barato e xa está.
Permetiriase Floren no fútbol fichar a un adestrador dun equipo da parte media – baixa da clasificación. Ficharía a Lotina, Mendilíbar, Luís García ou Marcelino? O cal non quere decir que igual non foran o adestrador perfecto, pero eso non vai con Florentino, xa se viu con Pelegrini que con moitisimo mellor cartel, aguantou un ano e grazas. Un problema de confianza non de valía.

Non esquenzamos as circunstancias que rodean a contratación, que Laso fracasou en Valencia e con paso correcto sen máis  por San Sebastian aínda que moi odiado polos siareiros. Senón porque é amigo de Herreros, Angulo ( xefe de categorías inferiores ) e García Coll ( o que pasea os galácticos ), seguro que lles faltaba un para xogar o poker ou o mus e quen mellor que un  colega. Bueno sintonía na sección de basket ahora si que vai haber. O pobre de Laso di que confían en el, que lle dan un Ferrari e non llo ían a dar a un sin carnet. Perdón danlle un bo coche o que lle faltan todolos extras que o fan especial. O equipo faltanlle os dous homes que gañen os partidos, que leven o peso, falta o actor/es protagonistas pero conta cuns bos secundarios. Pero de mentalidade débil, fortaleceralla Laso, di que o seu equipo vai correr, o tempo o dirá. Para correr hai que defender!

Despois vendenos que van  contar ca canteira, que a teñen moi boa, permítanme pensar que non mo creo, o filial o ano pasado descendeu en Leb Prata( co “xuvenil “ Iñaki de Miguel nel ) e este ano xogou en EBA, onde case pode xogar un grupo de amigos, por favor que non enganen a nadie. Porque non o fan no fútbol onde si hai algún rapaz co que contar, fano no basket porque é barato e tanto lles da. Nacionalizar o plantel e buscar un galáctico nacional, vostedes saben onde se atopan, si eres galáctico colles rumbo a NBA, e xa esta. Pero bueno postos, a un servidor dous xovenes que lle gustan son o base e o aleiro alto do Joventud, Josep Franch e Pere Tomás, non son Rudys pero gustanme, non queren futuro e nacional?
Despois que están a esperar a ver si sale algo interesante, que pasa están a esperar o lockout NBA, si pasa contaran cun xogador deses un mes, dous, incluso tres, que arranxa eso, nada, quizáis ata se ficha un deses ahora, abrase a NBA  antes de comenzar a Liga e quedamos en bragas.


Parece que o Chacho, Llull, Suarez son fixos, dos pivots Felipe, Mirotic, Tomic seguros, van seis, Nole parece que con Laso e si se baixa o soldo sigue. Despois de entre Begic e D´or Fischer  quedarase un, Fischer( foi o xogador con máis valoración en Euroliga do equipo) é algo diferente e a pesar de ser extracomunitario eu prefiro antes que Begic . O noveno parece que será J. Carroll, si ven o escolta debemos fichar  un base alto para que defenda cando está  el no campo, sería algo que deben facer , un que sepa un pouco de basket  dase conta de  que o americano non chega o 1,90 e a defensa non é o seu forte. Entre Dani Diez de la Falla(aleiro de 2,01 e do ano 93) e Alberto Jodar( aleiro de 2,02 e do ano 91 ) parece que estará o canteirán, asi que nos queda unha peza, ademáis do base do que anteriormente falamos. Pablo Laso e a súa estructura saberá. Si ese base e ese aleiro ou aleiro alto marcan a diferencia podémonos ilusionar algo, senón seremos de novo un xoguete nas mans do novo superBarsa.

Pero despois do cabreo superficial pensemos no problema de fondo.  Scariolo, Maljkovic e Plaza triunfan o primeiro ano para logo ser un auténtico desastre, no medio os nefastos casos de Imbroda e Lamas. Esto indicanos que hai un mal na sección que vai máis alá dos responsables técnicos, quizáis ata dos responsables da sección. Cantos levan pasado xa antes dos horrendos  “youtube” Herreros e o “amigo hosteleiro” J.C. Sánchez, moitos deles malos tamén.

O caso Messina merece mención aparte,  é claro que ca relación precio-calidade-resultados que presentou aguantou máis de un ano porque tiña o nome que tiña e ofrecio máis unha esperanza, precisamente por ese nome que tiña ,que uns resultados. Nin siquera tivo o consuelo  dun triunfo como foi o caso de Scariolo, Maljkovic ou Plaza, antes de que o mal común que debe existir dentro da sección o levara por diante.
Si nos da a paciencia debemos deixar de mirarnos o ombligo, lamentar as ocasións perdidas, os recursos dilapidados, as esperanzas arruinadas. Ningun dos nosos técnicos fracasados, xogadores esquilmados, fichaxes equivocadas, son máis que unha enfermedade que permanece no clube durante anos culpa dunhas directivas e responsables de alto nivel que padecemos nos últimos tempos. Jaquotot( con Mendoza ) foi o grande que trouxo a Petrovic ou Sabonis, seguro que trouxo máis pero un servidor nublase ante eses nomes. Non recordamos outro gran directivo no basket, parece que Saporta foi ese home para Don Santiago Bernabeu. Os Herreros, J.C. Sánchez, Maceiras, Sanz Jr, Antonio Martín, Scariolo …………. ,non foron máis que asalariados colocados a vontade do xefe , que se mantiñan ou eran cesados-dimitidos-botados por esa mesma vontade.

¿Cal era a vontade? Pois moi fácil ,todo depende do  Deus fútbol e o seu profeta  na terra o presidente. O basket é unha obligación para moitos e ningún quere ser o dirixente que se cargou a sección que senón.

En definitiva deben buscar a raíz do problema para dende ahí mellorar, claves parece que ofrecemos , cada quen que quite as súas conclusións!


Artículos anteriores relacionados :


Precisase adestrador de Baloncesto.

Letras sobre o basket.

Indignados.

Basket estrada sin retorno.

Messina gate.

No hay comentarios:

Publicar un comentario