viernes, 21 de octubre de 2011

Laso team !

O Real Madrid NBA, por moito que alguén non entenda o de NBA é un termo que acuñou no seu día o gran Tomás Guasch para  a última páxina do As dos luns, comenzaba a súa andadura nesta tempada na Euroliga na noite de onte, e gañaba sin problemas nunha pista na que o ano pasado deu auténtico noxo. Por eso e xa que lle vimos algún partido xa vou facer un pequeño análise do plantel e do que nos espera.



No posto de base temos os Sergio´s Llull e o Chacho, ademáis do canteirán Jorge Sanz. Llull é LLull e rinde onde o poñas, pero si tes un base coma o menorquín que gusta de xogar rápido e que imprime ritmo e carácter tanto en ataque como en defensa, para que queres o Chacho que é o clon de Llull pero en malo. Vai ser o problema máis grande do equipo o posto de base cando xoguemos en estático, sabemos xogar rápido o tolo, pero os partidos tamén hai que tranquilizalos.

Non se pode facer un equipo solo para correr , xa que cando non se pode, non nos deixan ou o outro equipo é mellor,  con eso non chega e simplemente perdemos. Debemos ter un equipo conxuntado que sepa a que xoga, e xogar da forma que o pida o partido , as circunstancias o rival.

O terceiro base será Jorge Sanz , promesa do clube e que fixo un excelente Europeo sub 18, non o coñezo pero nada que obxectar o respecto.

No posto de aleiro – escolta pasamos de andar curtos o ano pasado a ter unha lexión este. A Rodolfo Fernández todos o coñecemos , non é Navarro pero é un crack , aporta en ataque e en defensa. O problema si se remata o lockout vaise e si sigue o lockout os outros equipos ficharán cracks tamén, malo unha cousa, mala a outra.

J.  Carroll, vendeno como o noso pequeno Navarro, e pequeno si que é 1,88, xogar no Madrid non é xogar en Canarias, a defensa é o seu talón xunto ca altura. Viose no partido fronte a Bilbao, os sistemas do Bilbao eran para que un aleiro máis alto que Carroll  posteara con el e lle sacara  canasta, falta ou as dúas cousas, en nun par de minutos fora do partido, deberá andar con ollo e ter forza suficiente para ser intenso en ataque e en defensa. Tamén Tucker era a estrela en Dkv e vimos o que rendio.

Pocius, un xogador que polo que vin me gusta, non é excelente en nada pero parece que cumple en defensa e en ataque, non hai queixa, para un servidor bo fichaxe. Entre el e Rudy terán que cubrir o posto de 3 moitas veces. Outro posto no que teremos carencias, con 3 fortes e atléticos pasaremos problemas, cando se marche Rudy irán a por un base ou un 3, that´s the question.

Carlos Suárez, xogador que arrasou o chegar pero que foi a menos coma as mareas. Súa mellor versión foise con Messina. Esperamos que volte, onte contra un rival menor  posteou e tirou, deu boa imaxe, pero  eso teno que facer semana a semana e fai moitos meses que non encadea bos partidos seguidos.

Nole Velickovic, outro que tal baila, os seus primeiros meses con Messina foron extraordinarios, MVP do seu primeiro mes en ACB incluido ,pero despois diluise primeiro e desapareceu despois. Laso ten como misión recuperalo, pero o rapaz non está, ten que mellorar en ataque e en defensa si queremos ter opcións. Xoga demasiado acelerado querendo demostralo todo nun segundo e debe ter paciencia.

Niko Mirotic, a perla, en ataque non temos dúbidas con el, súa misión e mellorar en defensa  para ser un xogador Top, a presión mediática chave.

Felipe, eu dabao como xogador a retirar e en declive, pero nestes primeiros partidos estame a sorprender, parece o gran Felipe de antaño, si sigue así terei que tragarme as palabras.

Mirza Begic, fixo un bo Europeo e comenzou ben a tempada, pero a min sígueme parecendo floxo , non sei non me convence. Este é outro posto clave, ter un pivot comehomes axuda moito, ten que suplir polo menos a Fischer no da intimidación, e o xogo por encima do aro, esto difícil. Pero D ´or tampouco era un Schorno ou Batiste da vida.

Ante Tomic, con tanta calidade como paciencia e indolencia. Penso que si se puxera en ataque tiña que ser dos mellores pivots Fiba , pero da unha sensación de indolencia e de falta de personalidade tremenda, co xogo exterior que temos ahora podería aproveitar os espazos e encherse pero del e dos sistemas dependerá. Necesita unha transfusión de sangre!

En definitiva temos que ver que o basket é un deporte de equipo, moitas e grandes individualidades axudan, pero solo tirando delas non vas a ningún sitio.

Tumbar a este Barsa en basket tamén é difícil, polo tanto debemos ter  un adestrador que sepa dirixir o equipo e adaptarse os diferentes ritmos, eu non confio en Laso , espero equivocarme nesto tamén.  A súa vez unhas cabezas pensantes no campo que apliquen o que o adestrador lles di nos sistemas, os bases, repítome temos moitos problemas no estático. Onte Laso pedía un extra-pass e cando se facía canasta fácil, contra os rivales difíciles tamén hai que ter a cabeza fría para eso. Na Supercopa co Barsa entrounos o medo e os últimos cinco minutos afogamos.

Cada xogador debe ter o seu rol sobre a pista, dentro dun equipo equilibrado. Eso no Madrid non pasa e por eso cando se van moitos xogadores triunfan fora. Cada xogador cos seus movementos e  como parte dun conxunto. Sada, Grimau, Basile sabían cal era o seu rol no Barsa eso temos que conquerir nos.

Na Liga a misión é de novo destronar o Barsa, difícil pero debemos tentalo, o Laboral gañoulle unha final 3-0 o mellor  ou case mellor Barsa da historia. Europa é outro conto ademáis do Barsa, o CSKA puxo moito carto, Armani e os turcos igual, Panathinaikos e Obradovic sempre están, Siena ten moi bo equipo, e si sigue o lockout dios dirá pero Europa este ano é un mundo aparte.

Outros artículos relacionados :

Laso non é o problema ?

Precisase adestrador de baloncesto .

Letras sobre o basket.

Indignados .


Basket estrada sin retorno.




No hay comentarios:

Publicar un comentario