miércoles, 8 de junio de 2011

Precísase adestrador de baloncesto!

Importante clube de baloncesto con 8 copas de Europa, busca adestrador para o primeiro equipo. Tiñamolo case atado pero decidiu renovar co seu equipo, así que teñen unha oportunidade irrechazable.




Ofrécese :
 Empresa de grande estabilidade na súa estructura. Incorporación inmediata e emocións aseguradas, soldo competitivo sen comisións. Ofrecese contrato laboral por unha tempada, cunha clausula de penalización de un millón de euros no caso que o técnico contratado decida abandoar o barco antes do 30 de Xuño de 2012. Tickets Restaurant, seguro médico con Sanitas e abono para o Real Madrid de fútbol en Tribuna Preferente. Plantilla a conveñer excepto Joycee Carroll, que xa está fichado. Temos , eso sí, unha base de gran futuro ( a mellor de Europa dixo Obradovic) e nosos veteranos axudan como o que máis.

Requisitos desexados :
 Precisarasé unha grande capacidade de adaptación o clube. Non é necesario despachar co presidente. O lugar de traballo será unha Caixa Máxica, na realidade é unha cancha de tenis e poderá ser utilizada para os partidos do primeiro equipo, sempre e cando non haia un Master 1000 en liza.  Valorarase carteira propia de xogadores, periodistas e axentes , así como o coñecemento do inglés técnico do basket en nivel medio-avanzado. Ademáis valorarase un carácter mesurado, coñecementos de psicoloxía a nivel usuario e un Master en Españolización de Plantillas para Extranxeiros.

Interesados :
 Preguntar por Juan Carlos Sánchez . O casting de adestradores comenzará está semana pero non se tomará ningunha decisión ata a chegada do presidente do clube D. F. Pérez , de viaxe de negocios por China ata o próximo venres.

P.D. Non é necesario pedir referencias sobre o clube ¿ Somos o Real Madrid? acaso eso non chega.

Grandísimo artículo de Fernando Ruiz para Eurosport.

1 comentario:

  1. Mentrás o Barsa ten case feito o duo Eidson - Teodosic, o que xuntará un pivot de nivel. Despois do que aforrarán co limpeiro no plantel, pero se ve o camiño.

    ResponderEliminar