martes, 8 de noviembre de 2011

Muxía - Independiente. 1-3.

MUXÍA C.F. : Ángel Luís, Raul ( minuto 49 Carrera), Ramón ( minuto 46 Martinciño ), Currás, Jose Manuel, Pataca, Juni, Javi, Ziro, Albertiño ( minuto 60 Arxires ) e Jose Ignacio.



INDEPENDIENTE :  Upi, Jonathan ( minuto 26 Rafa ) , Dani ,Míchel, Rubén ( minuto 72 Scot ), Cholo, Sande( minuto 66 Jorge), Brian ( minuto 78 Iván Lorenzo ), Ivi , Juni e Gustavo.

GOLES : 0-1 minuto 1 Ivi, 1-1 minuto 40 Juni de lanzamento de falta, 1-2 minuto 54 Juni despois de unha contra, 1-3 minuto 59 Juni.

Foi o día dos goles dos Juni ´s tanto o do Muxía como o de Independiente e no que voltou o baixón habitual nas segundas partes dos locais o que axudou a victoria visitante.

Aínda a xente non chegara a Arliña e xa se puxera por diante o equipo visitante por medio de Ivi.
Con ese tempraneiro gol os dous equipos adicaronse a tentar xogar a bola e sen contemplacións defensivas. 

Aínda asi a pesar deso non conseguían as ansiadas ocasións de perigo .

As chegadas non asutaban demasiado tanto a Ángel Luís como a Upi que se mostraban moi seguros ante os lanzamentos lonxanos.

Non foi ata o minuto 35 cando Pataca probou sorte e o seu lanzamento topou co longueiro.

Quen si tivo sorte foi pouco despois o local Juni quen conseguía a igualada despois dun maravilloso lanzamento de falta. Un resultado co que se chegaba o tempo de lecer.

A segunda metade prometía o mesmo guión ca primeira , pero todo mudou cando nunha contra o visitante Juni prantouse ante Ángel Luís regateouno e cando escorada e cun defensa baixo paus parecía imposible o gol sacouse un zapatazo imparable.

Cinco minutos despois no 59 o mesmo Juni sentenciaba de novo a contra despois de gañarlle de novo a espalda a defensa local.

E  todo se compricou para os locais cando no 60 Albertiño recibía unha entrada que o levou directo o Hospital, onde lle diagnosticarón un esguince de grado tres a espera de máis probas xa que non lle aseguraron que poda ter algo máis danado.

Os de Carballo ben colocados aforrando esforzos tiñan o partido controlado.

Os visitantes a contra tiveron o cuarto pero erraron a opción no minuto 70. No 71 despois dun saque de esquina os locais non foron capaces de enviar as redes un rebumbio no área , sendo Currás o último que tivo a opción de gol.

Arxires tivo a súa opción no minuto 78 pero non deu acertado co gol e no desconto tivo o Muxía a última para recurtar distancias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario