lunes, 7 de noviembre de 2011

Fisober B - O Pino. 1-9.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER B “ CONCELLO DE VIMIANZO” – O PINO. 1-9.

FISOBER B “ CONCELLO DE VIMIANZO “ : Catti, María, Tamara, Inés e Myrella ; tamén xogaron : Noelia, Mónica, Laura, Loly, Cris, Nuria e Martina.


O PINO : Fany, Anxela, Lidia, Vanessa e Raiane; tamén xogaron : Laura, María e Cecilia.

Árbitro e Mesa : Álvaro Otero e Rita López.

GOLES : 0 -1 Lidia, 0-2 Lidia, 0-3 Cecilia, 0-4 Laura, 0-5 Vanessa; ( descanso ) , 0-6 Lidia, 0-7 Laura, 0-8 Lidia, 1-8 Myrella e 1-9 Vanessa.

Partido xogado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Baiñas ante un bo número de siareiros.


Segundo partido que xogaba o filial do Fisober e segunda derrota para as da Costa ante outro dos favoritos o título, pero melloraron a imaxe da primeira xornada e incluso chegaron con perigo nos primeiros minutos.

Primeiro era Inés quen se plantaba sola ante Fany pero non era que de superala. Pouco despois era Myrella quen dispuña dunha oportunidade pero tampouco era quen de superar a Fany.


As visitantes que saíran un pouco relaxadas apretaron e os cinco minutos conseguiron abrir o marcador. Dende aquí todo foi un pouco máis fácil para as de O Pino pero as da Costa mostraron unha boa actitude durante toda a primeira metade a pesares de que seguiron caendo os goles ata un 0-5 a fin deste periodo. Podendo participar algún minuto tódalas xogadoras.

Na segunda metade as locais aguantaron os primeiros  dez minutos sen recibir un gol e conseguiron por medio de Myrella o seu primeiro gol da tempada.


Destacar o debut  das dúas porteiras Catti e Martina , ademáis da xogadora de campo Cris.

Como notas negativas a lesión de Iria durante o quecemento que foi sustituida na convocatoria por Noelia e durante o partido de Cris que non puido seguir disputando o partido despois dun golpe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario