miércoles, 2 de noviembre de 2011

Soneira B - Muxía. 1-1.

SONEIRA B : Victor, Damián, Markitos, Roi, Jemisa, Quilmes ( min. 71 Dani ), Mayor, Chans ( min. 80 Pichón ), Félix ( min. 76 Cho ), Cristian e Cristian de Carantoña ( min. 46 Capote ).

MUXÍA C.F. : Ángel Luís, Raul ( min. 60 Carrera ), Martinciño, Jose Manuel, Arxires ( min. 76 Ramón ), Pataca, Javi , Juni , Ziro, Albertiño, Jose Ignacio.


GOLES : 1-0 minuto 30 Chans ; 1-1 minuto 61 Javi.

EXPULSIÓN : Minuto 90 Javi por dobre cartón amarelo.

O Muxía agarrouse de novo a un intratable Ángel Luís que resolveu con solvencia o traballo que lle chegou e dou tranquilidade a unha zaga moi mermada cas baixas de Currás e Ángel do Claudio. Conseguindo así puntuar por terceira xornada consecutiva.

De novo un filial para os vermellos, algo que lles ven ben a estes xa que voltou a saltar o campo con nove xogadores sub 23. Os locais dominaban sobre todo na primeira metade e os visitantes tentaban saír con perigosas contras.

Os sete minutos unha serie de paredes deixaron solo a Mayor ante Ángel Luís pero este atallou o man a man co soneirán.


Por estes derroteiros seguio o partido, cun dominio do Soneira B pero sin excesivos problemas para os visitantes, e os muxiáns que apenas inquietaron a Victor.

Probaban o gardameta muxián os do Soneira, pero este ou paraba con tranquilidade ou vía como pasaban cerca do seu marco. Así un centro – chut pegou no seu longueiro.

Os trinta minutos unha saída a contra do Soneira remataba cun pase atrás e Chans dende a frontal mandaba a esquina do pau onde Ángel Luís non podía chegar. O ex do Muxía na tempada pasada non celebraba o gol  por este motivo.


Tentou estirarse algo máis o Muxía o ver o resultado e no 43 Albertiño quedouse ante Victor pero mandou moi lonxe do marco.

A segunda metade tivo outro ritmo, o baixón físico típico do Muxía neste periodo deta vez non foi tanto e parece que afectou máis os locais, que deixaron de controlar o partido que se converteu nun ida e volta constante.

Así a saída dun saque de esquina Javi colleu un balón na frontal e colocaba a igualada no marcador. O Soneira descompuxose un pouco co gol e Ziro tivo a oportunidade de adiantar os seus.

Tamén a tivo Capote pero cruzou en exceso ante Ángel Luís. Nunha nova contra visitante de novo Ziro puido marcar.


Nos últimos minutos calquera dos dous equipos puido levarse o partido, xa que primeiro Ángel Luís tivo ata unha triple intervención milagrosa para evitar a victoria local. E case de seguido un erro defensivo do Soneira nin Albertiño nin Ramón o puideron aproveitar. No desconto foi expulsado Javi por dobre cartón amarelo.

Contannos que camiño dos vestiarios Albertiño insultou gravemente o colexiado e este amenazouno dicindolle, que se ía acordar del, que faría o posible para que lle caerán 16 ou 17 partidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario