lunes, 14 de noviembre de 2011

Fame Negra - Fisober B. 6-1.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FAME NEGRA – FISOBER B “ CONCELLO DE VIMIANZO”: 6-1.

FAME NEGRA : Dayanna, Eva Lago, María E., Jessica e María Corrochano; tamén xogou : Adriana.

FISOBER B : Martina, María, Mónica, Inés e Iria; tamén xogaron : Laura, Loly, Cris e Nuria.


Árbitro e Mesa : Jose Manuel Fernández e Jacobo Reconso.

GOLES : 1-0 Jessica, 1-1 María, 2-1 María Corrochano, ( descanso ), 3-1 Jessica, 4-1 Jessica, 5-1 Jessica , 6-1 Adriana.

O Fisober B voltou a caer desta vez na súa visita o Fame Negra de Carral onde xoga a ex de Fisober, Eva Lago. Despois dunha primeira metade aceptable , viñeronse abaixo  na segunda e caeron de maneira rotunda.

O partido comenzou cunha ocasión da capitana visitante María. As do filial do Fisober non pasaban demasiados apuros, e tentaban combinar .

Así transcurrían os minutos  con dous equipos máis preocupados de que non lles encaixaran que de despregarse en ataque. Ata que nun despiste defensivo das visitantes deixaron sola a Jessica que marcaba o primeiro dos seus catro goles.

Pero as  do filial do Fisober  non se rendiron e continuaron tentando tocar na búsqueda da igualada. E así foi como nunha combinación, despois dun saque de banda, entre Laura e María, esta última lograba o empate  despois de que o balón entrase con moito suspense.

Continuou polo mesmo camiño a primeira metade e cando parecía que se ía chegar con empate o tempo de lecer,  outro despiste defensivo das do filial de Fisober permitio poñer o 2-1 a María Corrochano a tan solo 30 segundos para o final.

Un gol que foi clave xa que animou as locais e desanimou totalmente as visitantes.

A segunda metade non tivo moita historia, aínda que pudo cambiar cando case o comenzo a capitana visitante María non  foi capaz de empatar  nun man a man. Ahí prácticamente rematou o partido , xa que pouco despois Jessica facía o 3-1 que deixou sen capacidade de reacción as visitantes que baixaron os brazos e virón como caían os goles un tras outro.

Máis aínda cando cometeron a quinta falta mediada a segunda metade e viviron co perigo do dobre penalti constante.

Jessica marcaba outros dous goles e Adriana redondeaba o 6-1 para as de Carral, nunha segunda metade para tomar nota e tentar mellorar por parte do filial do Fisober.

No hay comentarios:

Publicar un comentario