lunes, 7 de noviembre de 2011

Bembrive - Fisober. 0-4.

LIGA AUTONÓMICA

RESULTADO : BEMBRIVE – FISOBER “ CONCELLO DE VIMIANZO”. 0-4.

BEMBRIVE :  Cristina, Lidia, Lara, Sara e Paula ; tamén xogaron : Sabela, Nerea, Eva, Bruna e Irene.

FISOBER  “ CONCELLO DE VIMIANZO “ : Eva, Patri, Elsa, Nuria  e Ana ; tamén xogaron : Noelia, Ylenia, Myrella e Olalla.



Árbitro e Mesa : Jose Luís Silva e Manuel  Jul.

GOLES : 0-1 Ana , 0-2 Ana , (descanso), 0-3 Nuria , 0-4 Nuria.

Tocoulle madrugar o Fisober para desplazarse o domingo de maña  o Pavillón de Bembrive, nas  aforas de Vigo.

Visitaba o fogar dun dos filiales  dos equipos de Prata o Fisober  sabedor que debería estar atento xa que alí viña de caer  un dos colíderes  da clasificación, e así foi conseguindo unha importante victoria que as iguala con outros  tres equipos no máis alto da táboa.


Comenzou  o partido a por todas o Fisober  e os dous minutos xa Patri tiña a primeira oportunidade clara de gol para as visitantes.

Solo un minuto despois era Ana quen marcaba coa esquerda a pracer o primeiro para as de Fisober despois dunha combinación de todo o equipo.

Non decaeu no seu empeño o Fisober  e así Nuria era quen gozaba de dúas mágnificas ocasións para incrementar o resultado.  E mediada a primeira metade foi Noelia  a que tiña a súa opción.


Pouco despois tiña a súa primeira ocasión clara o equipo local de Bembrive por mediación de  Sara a mellor xogadora por parte local.

Fisober respostou cunha dobre ocasión de Myrella, a primeira cun lanzamento que despois do rexeite da porteira foise despaciño o pau pero a deusa fortuna non quixo que entrara. E case de seguido de novo Myrella vía como outro lanzamento seu non acababa no fondo das redes. Desperdiciaba ocasións  Fisober co medo que esto lles supuña do famoso refrán o que perdoa…..


E  o susto levárono cando a tres para o intermedio unha xogada de saque de esquina de estratexia remataba co balón lanzado pola visitante Lara no pau da portería de Eva.

A resposta foi  cando nunha contra Elsa dispuxo dunha boa ocasión pero a porteira moi atenta case non lle deu opción de disparo. As  locais non se rendían e   foi de novo por parte da bulliciosa Sara por quen buscaron a igualada.

Cando parecía que todo remataría asi, Ana loitou ata o final un balón e o despexe da porteira pegou no seu corpo e poñía dous goles de vantaxa para as da Costa.

A segunda metade foi máis contemplativa, cun Fisober  buscando máis a contra.


Os tres minutos foi Patri quen  se topou co pau na súa búsqueda do gol. E como non a resposta local por parte da mesma, de novo Sara.

Noelia tiña a súa opción pouco despois pero atopouse ca porteira. Así transcurría esta segunda metade ca incertidume do corto do marcador para Fisober. Cando a seis para o final Bembrive decidiu adiantar liñas e sacar porteira-xogadora, algo que defendeu ben o equipo visitante e máis cando a catro para o final Nuria roubaba un balón e conseguía o tranquilizador terceiro gol.


As locais perseveraron ca porteira-xogadora e de novo Nuria rapiñaba outro balón para o definitivo 0-4 xa no último minuto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario