lunes, 16 de mayo de 2011

Volver a empezar.

O igual co mítico filme do cine español esa foi a sensación que deixou o Real Madrid tralo paso pola Final Four de Barcelona. Voltou a ser o equipo irregular e sen alma, que baixa os brazos ante os problemas algo que aparecia a menudo o principio de tempada lonxe da Caixa Máxica. Esperamos a ver como saía o primeiro partido post debacle en Barcelona que foi na noite de onte, pero dunha pachanga como a que pareceu ser solo se pode sacar en positivo  a victoria.



Algún que outro nome quedou moi tocado pero tres especialmente, Clay Tucker, Sergio Rodríguez e o míster Lele Molin. Foron os que máis críticas se levaron aínda que houbo para case todos.

Escudados na xuventude para apagar os lumes do ridículo, cada dúas palabras xuventude aparecía como escusas e pode selo si competiras os partidos, pero o Real Madrid solo participou na Final Four dous cuartos e pico o resto foi deambular polo campo. Hai futuro e moito pero senón os rodeas vai ser difícil o éxito.

Dende aquí pensamos que o gran culpable non é outro que o señor Florentino Pérez que non cree nesta sección, xa que se non lle da os fondos que necesita nunca voltará a conseguir un título europeo, porque os xogadores Top como diría o seu querido Mou hai que pagalos. Co que costou o señor Adebayor podería ser que tiveramos dous xogadores Top que axudarían a mellorar un equipo que xoven e con proxección pero que necesitan o seu lado eses cracks que remen cando todo vai mal e nada funciona. O Barsa gasta moito máis que o Real.

O señor Pérez tamén por deixar o mando da sección o seu amigo  Juan Carlos Sánchez  que demostra non ter idea deste deporte. Axudado por un Alberto Herreros que nin por asomo está a acertar nos fichaxes como o fai o seu homólogo blaugrana Joan Creus. Debe chegar o clube unha persoa con criterio, por favor. 

Si o ano pasado foron Maceiras, que non gustou dende o principio entre outras cousas polo pasado blaugrana e un Messina que era a gran esperanza branca( o que escribe confiaba no fichaxe non así nalgún dos seus fichaxes ou de quen foran nas dúas tempadas) pero  que non encaixou no clube, parece ser que podería voltar, o que demostra o estado de tolemia da sección. Quen tocará este ano, cada día aparece un nome novo nos xornais. Por favor un pouco de coherencia nada máis.


Ahora vamos analizar un pouco os xogadores e as súas posibilidades de cara o futuro:

Prigioni:  Cumplio na semifinal non así na final de consolación, veterano dependendo do que pida podería continuar pero a un prezo razonable. Un lider no vestiario.

Sergio Rodríguez : A súa faciana nos tempos mortos era un poema. Un xogador de vento a favor como amosou na “ligapachanga” de onte. Non gustou a súa chegada dende o primeiro día, non otorgaba confianza e confirmase partido a partido. Sensación de falta de carisma, non debería continuar pero firmou 3 anos moi ben pagados.

Llull : Bastante mal nas semis,  pediaselle algo máis pero é un xogador do que non se dúbida de que debe seguir.

Tucker : Outro que non gustou dende o primeiro día, non pode ter o Real Madrid un extracomunitario de tan pouco nivel. Esto explica o que é a sección, un suposto tirador non pode errar o que erra. Penoso en Barcelona, non debería continuar.

Vidal : Inédito en Barcelona e nos dous anos que leva na capital. Un expediente X, viña coma un dos mellores xogadores da Liga Acb pero non puido ou non lle deixaron amosalo, quedouse como un simple “axitatoallas”, saída por falta de oportunidades.

Carlos Suárez : O Chimpa levaba unha tempada extraordinaria, pero en Barcelona veuse abaixo, aínda así é o futuro debe seguir.

Velickovic : Outro inédito e outro expediente X, este aínda máis ca Vidal porque conquistou a súa chegada, pero Messina creu que debía ser 3 e ahí perdemos o serbio, parece que a súa cabeciña axudou. Da medo que se vaia e triunfe nos rivais, ten opción doutro ano e penso que o novo mister decidirá.

Mirotic : Pesoulle a Final Four pero tamén é o futuro.

Felipe Reyes : O capitán manteunos con vida, este si que deixou ver a súa experiencia. A pesares que parece que foi un dos que creou mal ambiente con Messina.

Tomic : Xoven, con moitos fundamentos e grandísima calidade, si fora máis agresivo sería un pivot dominador, pero non hai dúbida que debería seguir e non escoitar os cantos de serea da Nba para a que está verde.

Fischer: Outro extracomunitario da sección non marca diferenzas, defraudou ante o seu anterior clube na Final Four, pero é un xogador diferente que xoga por encima do aro e intimida en defensa. Seguir ou non seguir, difícil decisión.

Begic : O terceiro dos inéditos, aínda que tiña bos números en Euroliga, non gustaba o que escribe. No clube saberan pero é peor que Tomic e Fischer de largo.

O míster Molin amosou que non ten peso nin para os xogadores, nin para os árbitros, solución de emerxencia nada máis. Brando.

Teñen os play off para resarcirse e dar ou quitar razóns.

Da final solo se pode decir que foi un partidazo, dos que gustan o espectador onde se viron grandes xogadores pero como xa pronósticabamos dous nomes por encima de todos Obradovic e Diamantidis levaronse o gato a auga, I feel  devotion , como aclama a Euroliga.

Este artículo debía saír o venres, pero os problemas en Blogger impedírono ahora o Real Madrid enfrontarase a Fuenlabrada en Play offs.

No hay comentarios:

Publicar un comentario