miércoles, 18 de mayo de 2011

Copa da Costa.Ida.Outes - Muxía. 2-0.

OUTES : Moncho, Saúl (Lass, min.83), Martín, Chúa, Arturo, Poque, Quin (Sergi, min.69), Piki, Pesco, Fabio (Alvaro, min.78) e Potro (Edu, min.58).

MUXÍA : Papi, Chans, Chori (Felipe, min.85), Ángel, David, Martinciño (Carliños, min.65), Peski, Josiño, Jose Antonio, Álvaro (Antoniño, min.80) e Sancho.

Goles: 1-0, min.16: Pesco; 2-0, min.91: Sergi.
EXPULSIÓN : O local Piki no minuto 62, por dobre cartón amárelo.

Chegaba o Muxía a Serra na busca dun bo resultado que lle permitira ter opcións na volta na Arliña eso si pragado de baixas en xogadores habituais nas alineacións de Luís Romaní.

Faltaban o porteiro Ángel Luís o que fixo que o medio Papi tivera que poñerse baixo os paus e os xogadores, Dani, Dimas Leivinha e Albertiño. Co cal entrou por primeira vez nunha convocatoria o xuvenil Antoniño e incluso debutou.


Pero non foi posible e no desconto os locais obtuveron un segundo gol de renda que repetía o resultado de Liga e complicaba un pouco máis si cabe as cousas.

Os da Serra dominaron un partido ante un Muxía que se atopaba cómodo debido as circunstancias nesa situación e que non pasaron moitos apuros defensivos no partido a excepción dos goles e dun gol anulado que sinalou o árbitro.

Pesco abriu o marcador ao recibir no segundo pau un centro por banda dereita de Quin. Xa en tempo de desconto Martín botou un falta  e o máis pequeno do equipo, Sergi, peiteou o balón para subir o 2-0 definitivo.


Ahora os muxiáns deberán voltar de novo a heroíca como na anterior eliminatoria para saltar ronda, confiados en recuperar algún dos lesionados.

Imaxes do partido de Liga co Outes na Arliña e do partido do Cerqueda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario