martes, 10 de mayo de 2011

Copa Costa.Volta.Muxía-Porteño.2-1.

MUXÍA : Ángel Luís, Chans ( min 67 Dani ), Martínciño, David, Ángel do Claudio, Jose Antonio ( min 70 Álvaro ), Papi, Dimas Leivinha ( min 74 Peski), Josiño, Sancho (min 73 Carliños ) e Albertiño.



Porteño: Sacho (Adrián, min.65), Brais, Pejo, Manu, Currás, Quilmes, Iván, Cousillas, Iago (Roi, min.46), Iago II e Ismael.

Goles: 0-1, min.30: Ismael de córner directo; 1-1, min.60: Papi; 2-1, min.92: Josiño.

Expulsión: O local Albertiño (min.47) por cartón vermello directo por unha patada a un contrario.

Por segundo ano consecutivo o Muxía consigue pasar a primeira eliminatoria, si o ano pasado eliminaran o Buño gañando a domicilio no campo de Xaviña. Este ano tocoulle eliminar o Porteño no derbi.

Os locales dirixidos por Jesús ante a indisponibilidade de Luís Romaní, nunha tarde pouco apacible na Arliña debido o forte vento e a choiva.


De saída o Porteño xogou co vento a favor, pero os locais como históricamente fai o Muxía xogou bastante ben co vento na súa contra e aínda tivo algunha ocasión que outra.

Ismael logrou marcar de córner directo para adiantar os da Ponte e poñelos por diante na eliminatoria.

Na segunda metade co vento a favor parecía que os locais podían levantar a eliminatoria, pero a tempraneira expulsión de Albertiño complicaba as cousas.


Unha falta lanzada por Papi igualaba o partido e a eliminatoria. A lesión do porteiro visitante Sacho fixo que o xogador de campo Roi tivera que ponerse baixo os paus no minuto 65. O Muxía cambiou cromos para dar máis frescura os xogadores e darle a posibilidade de xogar a todos.

E comenzou a errar ocasións de forma incrible. Dimas Leivinha , Peski ou Carliños non eran quen de marcar o gol que deixaría a clasificación na casa.

Pero como normalmente pasa o que perdoa paga e de non ser porque no minuto 90 o porteiro local Ángel Luís lle parou un man a man a Ismael os locais veríanse apeados da competición.

Eso deulle unha última bala os muxiáns que non desaproveitaron e foi Josiño quen marcou o gol que lle deu a clasificación os seus ante o delirio dos siareiros locais presentes.


Ahora na próxima eliminatoria o rival será o Outes, un equipo que ven de marcarlle un dobre 4 a 0 o Lira. Nos enfrontamentos de Liga victoria de 2-0 do Outes como local e na Arliña empate a 0. Pero a Copa é diferente.

Imaxes do partido de ida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario