lunes, 9 de mayo de 2011

F. Apóstol - Fisober. 1-2.

LIGA AUTONÓMICA

RESULTADO: FUNERARIA APÓSTOL – FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO: 1-2.

FUNERARIA APÓSTOL : Nerea, Ángela, Mirian, Belén, Antía; tamén xogaron : Teresa, Montse e Alba.

FISOBER C. VIMIANZO: Paula, Patri, Elsa, Ana e Barca; tamén xogaron : Eva, Alba e Olalla.



ÁRBITROS : Senén Tojo e Inmaculada Silva.

GOLES : 0-1 Patri, 1-1 Ángela, 1-2 Patri.

Importantísima victoria do Fisober na súa visita a Santiago en partido aprazado  fronte a un Funeraria Apóstol que se xogaba o terceiro posto e por conseguinte entrar en Copa. Pero o excelente traballo de todo o equipo levounas a un triunfo que as poñe sextas na clasificación a falta de unha xornada e cuns números excelentes na segunda volta na que nunha clasificación virtual serían terceiras.

O partido comenzaba como se prometía intenso e xa no primeiro minuto as locais conseguían colocar un balón por encima de Ana o cal Antía mandaba o longueiro cando xa superara a porteira visitante Paula.

Pero non tardou en respostar Fisober e Patri adiantaba as visitantes polo único oco que lle deixaba a porteira.


Fune apretaba e tentaba pechar a Fisober que saía en perigosas contras e así Barca atopaba un pase a Patri que erraba unha inmellorable ocasión. Todo isto ocorría nos primeiros cinco minutos ,conscientes da importancia, o encontro tiña un ritmo frenético. Fune non tardaba en respostar e Teresa probaba a seguridade da porteira visitante Paula.

Seguiron uns minutos algo máis calmados no que Fisober controlou ben as acometidas das locais que parecían tomarse un respiro no seu forte ritmo.

Os dez minutos da primeira metade unha combinación das de Fisober  deixou a Ana na área onde recortou a unha rival e o seu tiro que xa se cantaba coma gol foiselle por milímetros.

Esta xogada pareceu expolear as locais que nos últimos dez minutos desta primeira metade foron un vendaval de xogo e ocasións  no que solo a porteira visitante Paula e a sorte foi quen de contelas.

Así encadeabanse inmellorables ocasións para Mirian primeiro, logo foi Alba quen non foi capaz de batir a Paula, seguía unha ocasión para Montse. A cinco para o final era Belén quen mandaba o balón o pau. Pouco despois era de novo Mirian quen tiña dúas oportunidades de marcar case seguidas.

Cando parecía que o peor do temporal de xogo local pasara e as de Fisober chegarían en vantaxe o intermedio, unha perda de balón en ataque propiciou un contrataque local tres para un que materializou Ángela no 1 a 1 a solo catorce segundos do final.


O tempo de lecer axudou a clarexar as cousas as de Fisober para frear  o ataque local. Así na segunda metade seguíu a controlar o xogo Fune pero sin a claridade nin o dominio tan aplastante do fin da primeira metade.

Fisober pasou os primeiros dez minutos deste periodo sin apenas pasar agobios, pero tamén sin apenas crealos.Foi nese minuto dez cando a goleadora local Ángela puxo novamente a proba a Paula.

Pero todo trocou no minuto catorce desta segunda metade cando Belén  non foi quen de adiantar as locais e na contra Patri encarou a porteira local Nerea e cando xa se lle  ía tivo que parar o balón ca man fora do área coa conseguinte expulsión o ser ocasión manifesta de gol.

A xogadora local Alba puxose de porteira. Ante esta circunstancia Fune decidiu xogar con porteira xogadora para tentar levarse o partido cos riscos que isto ocasiona.

Fisober defendeu con solvencia a situación e incluso cando roubaba tentaba sorprender  dende lonxe como o fixo Patri a tres para o final.


Pouco despois unha excelente combinación en ataque de Ana, Barca e Patri era culminada por esta  última  no 1 a 2 cando solo quedaban un minuto e vintesete segundos para o final.

Fisober  aguantou o resultado ata o final e levouse unha victoria de prestixio que as encarama a sexta posición, a falta dunha xornada, no seu ano de debut na Liga Autonómica. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario