lunes, 23 de mayo de 2011

Copa Costa.Volta.Muxía-Outes.1-5.

MUXÍA :Ángel Luís, Chans, Chori ( min 57 Pereira), Martinciño, Ángel, Jose Antonio, Josiño, Papi, Sancho ( min 76 Felipe), Carliños, David.



OUTES : Moncho, Alvaro, Saúl, Chúa, Arturo, Poque (Edu, min.46), Quin (Sergi, min.70), Fabio (Pitu, min.60), Pesco (Gato, min.80), Martín e Potro (Lass, min.46)

GOLES : 0-1 minuto 15 Martín , 0-2 minuto 20 Fabio, 0-3 minuto 37 Pesco, 0-4 minuto 49 Pesco, 0-5 minuto 58 Quin, 1-5 minuto 61 David.

EXPULSIÓN : O porteiro local Ángel Luís por chamarlle “tonto” o árbitro asistente o señor Sergio Goeyeneche, de infausto recordo en todolos partidos que se cruza co Muxía.

Non foi boa a despedida que lle deron os xogadores o presidente Estanislao Romar que abandona a presidencia do clube da Arliña despois de catro anos co cal como sole pasar o clube queda o borde da desaparición a non ser que alguén se decida a non deixar que esto ocurra, algo que se antolla difícil visto a escasa afluencia de siareiros a Arliña.


Os locais que tiñan a misión de lograr a remonta e atoparonse que en vez de recuperar xente aínda había máis baixas que na ida. Ademáis dos Dani, Dimas Leivinha, Albertiño uniuselles Peski e Álvaro e solo recuperaron a Ángel Luís.

O partido durou os quince minutos que tardou o Outes en adiantarse e desmoralizar o Muxía, se no minuto dous o gardamallas local frenou os da Serra, despois foi David quen no minuto dez errou un cabezazo solo , no once de novo David errou un man a man e no doce de novo solo non foi quen de superar a Moncho.


Quen non errou foi o Outes quen no minuto quince se puxo por diante e enterrou a eliminatoria. No vinte o 0-2 e no  37 en claro fora de xogo o 0-3, a veces nos preguntamos si os árbitros asistentes veñen a axudar ou a entorpecer a labor do árbitro. No minuto 44 o local Josiño dispuxo dunha boa ocasión que non logrou materializar despois dun recorte.

No comenzo da segunda metade dous novos goles visitantes e o gol da honra de David, quen mediado este periodo voltou a errar ante Moncho, quen sabe si David tivera sido máis eficaz de cara o gol na tarde do sábado si a eliminatoria sufriría un volco.


De hai ata o final o show Goeyeneche habitual e pouco máis.

Deberemos esperar o rumbo que colle o clube, pero sin directiva, cos sete cadetes máis prometedores en Dumbría e con poucas ansias no pobo polo fútbol local as perspectivas non son moi boas. 

Dende aquí desexamoslle moita sorte a Estanislao.

No hay comentarios:

Publicar un comentario