martes, 24 de mayo de 2011

The End.

O sábado púxose  fin a primeira tempada da Era Mourinho, dende aquí vamos tentar destripar algo a tempada sobre todo na competición da regularidade. O título de Copa foi o bagaxe, aínda que Mou di que o seu mellor ano é o segundo, a ver si é verdade.



A Copa foi o título que poideron saborear os madridistas e fixémolo e moito. Deu unha semana de tranquilidade e felicidade, despois dunha gran final contra o máximo rival onde o Real Madrid deu a imaxe durante a primeira metade e na prórroga que queren ver os seus siareiros.

Unha competición na que tiveron un cadro difícil, no que se desfixeron de Atletico e Sevilla entre outros e solo cederon un empate en Murcia e unha derrota en Valencia co Levante despois do 8 a 0 da ida.
Título de Copa e expectativas cumpridas nesta competición, os homes de Mou fixeron o que se lles pide. Pellegrini caeu en primeira rolda co Alcorcón.


Na Champions os números foron tamén bos. Na liguiña solo cederon un empate ante o A.C. Milan en San Siro. Despois conseguiron pasar os temidos oitavos do último lustro. Cunha igualada a domicilio en Lyon e con victoria por 3 a 0 no Bernabeu, deixando na cuneta o rival que os apeara a tempada pasada. En cuartos esperaba o Tottenham londinense que non puxo en excesivos apretos os brancos e levaron catro goles no Bernabeu e recibiron un 0 a 1 en White Hart Lane.

O Real Madrid voltaba o seu estado natural as semifinais, pero o rival era o Barsa, unha primeira metade lamentable de ámbolos dous equipos , a expulsión de Pepe, a lentitude na toma de decisións de Mou e os dous goles de Messi, puxeron a final de Wembley moi lonxe.

Na volta unha igualada a un nunha noite chea de rarezas, cun extrano gol anulado a Higuaín e demáis, deixaron o Real Madrid sin final e o seu eterno rival moi preto da cuarta.

Aínda que chegar a semifinais é o que se lle pide o Real Madrid, que o eliminara o Barsa poñe o pero a competición. De feito a nota nesta tempada dependera de si o Barsa ou Manchester United consiguen a súa cuarta copa das orellas, o madridismo durmiría feliz si os ingleses gañan en Wembley. Pellegrini caeu en oitavos.


Na Liga a pesares dos  números dos que tanto falaba tamén o bo de Manuel Pellegrini, no Real Madrid pidense títulos. Nin o pichichi con record de Ronaldo, nin os 102 goles, nin os 92 puntos, aumentan a sala de trofeos do Bernabeu. Todo iso quedaría moi bonito ca Liga o seu carón senón quedase para as estatísticas. Como criticabamos un ano atrás o señor Manuel, pois non temos máis que lamentarnos co señor José Mourinho.

Quedámonos ca impresión que se pudo facer moito máis. Perderonse puntos cos rivais do fondo da táboa e incluso descendidos. Empates en Mallorca, Levante, Riazor e Almería  ou a derrota en Pamplona con Osasuna. E as derrotas a fin de tempada na casa co Sporting e co Zaragoza alonxaron o título.   

Curiosamente sacaronse con goleadas a domicilio neste  fin de tempada partidos que parecían compricadísimos.

E de non telo conseguido polo menos loitar ata a última xornada e cansar o Barsa na súa loita pola Champions. Provocar cansanzo, sobrecargas e tensión, que se lles fixera máis duro o fin de tempada os culés.


Por iso pensamos que na Liga non fixemos suficiente, quedamonos cun aprobado, o que mostra a  dificultade e nivel de esixencia  de adestrar o Real Madrid.

Esperemos que para o ano conseguir algún título máis como ben di o señor  Mourinho, e esperar que o Manchester United consiga o miragre de frear o Barsa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario