jueves, 5 de mayo de 2011

Previa da Final Four.

Este fin de semana chega a festa do baloncesto europeo a Final Four de Barcelona e vamos tentar despezala un pouco.
Os enfrentamentos e horarios serán :
Venres 6 as 18 horas a primeira semifinal que enfronta a Siena e Panathinaikos.
As 21 horas a segunda semifinal na que se verán as facianas Real Madrid e Maccabi.
Para domingo as 13.30 queda o terceiro e cuarto posto .
A gran final as 16.30 un horario provocado polo Maccabi.
Para esta Final Four está ausente o máximo favorito e actual campeón  o Regal Barcelona que tiña todo planeado para triunfar na casa pero non podera ser. Tamén falta o actual subcampeón e segundo na lista de favoritos a principio de competición o Olympiacos. Outras ausencias destacadas son as dos equipos turcos Efes e F. Ulker ou a do habitual Caja Laboral.
Esto deixou a Final Four máis aberta dos últimos anos onde calquera pode ser campeón aínda que o Panathinaikos de Obradovic parte con lixeira  ou grande vantaxe.Pero ahora falemos dos que si están.
REAL MADRID.
Os brancos xa cumpriron clasificandose para a Final Four e máis aínda se o seu máximo rival o Barsa non o conseguiu. Cun grupo moi xoven tentara dar a sorpresa. Un Real Madrid que nos play offs de cuartos xogou todolos partidos co mesmo quinteto inicial, Prigioni, Llull, Suárez, Felipe e Tomic.
Os brancos basan a maioría das súas xogadas na busca de vantaxes dende o posto do pivot croata Ante Tomic. Deben facer  todas as cousas ben si queren o título e non ser tan inconstantes como se mostraron toda a tempada. Evitar eses típicos minutos de páxara que os fan ir a remolque en moitos partidos.
A pesares dese quinteto hai un xogador que se cola na materia de minutos e non é outro que Clay Tucker se é capaz de defender e atacar dunha maneira constante pode ser clave.
O xogador con máis valoración do equipo é D´or Fischer, outro que pode ser moi importante polo seu papel intimidador en defensa. Llull , Tomic, Suárez e Mirotic completan un quinteto de mellor valorados brancos.
Un Chimpa como se lle coñece no vestiario a Carlos Suárez que parece ser que ten un forte esguince e forzara para a cita, a ver como responde xa que os seus porcentaxes de triple poden abrir a defensa.
En caso de chegar a depender de tiros libres solo o Chacho , Sergio Rodríguez anda por encima do 90%, Llull , Mirotic ou o sorprendente Fischer serían outras opcións, aínda que a Prigo historicamente se lle deron ben e a súa veteranía importa. Pablo parece ser o xefe na sombra xunto cos internacionais e deles vai depender moito.
Debemos facelo todo ben para conseguilo, pero todo que veña é bo. O rebote madridista sempre foi clave, continuar con el e mellorar porcentaxes de tiro que foi o que provocou tanto rebote sería interesante.
MACCABI.
Da man de David Blatt voltaron a elite europea desfacendose do Caja Laboral. No seu quinteto Pargo, Eidson e Eliyahu son intocables como o era o lesionado Perkins. Schortsanitis se esta ben físicamente tamén o sera. Co cal queda libre a praza de Perkins que sera para Pnini posiblemente. 5000 hebreos apoiaranos nas gradas.
O seu xogo basase no base Pargo a sensación da Euroliga deste ano, e no pivot grego Sofoklis Schortsanitis, Big Sof, cansalo ou cargalo de faltas vai ser clave para o Real Madrid senón  moitas dificultades para os brancos.
David Blu é un sexto home importantisimo para os hebreos a súa capacidade anotadora da que xa sabe ben o Real Madrid e os seus triples realidade a defender. Ademáis nos cuartos fixo 9 de 11 en tiros de dous e 13 de 25 en triples.
Eidson é o home para todo no Maccabi fai un pouco de todo e anda no 13.3 de valoración, neste tema ata catro xogadores superan o mellor do Real Madrid, xa que o quinto Perkins está lesionado. Son ademaís de Eidson , Big Sof, Eliyahu e Pargo.
O banco pode ser o problema dos hebreos, aínda que teñen para o xogo interior a Macvan e Hendrix que foi MVP  na primeira xornada de cuartos na que o seu equipo perdeu.
Burstein, Green e Sharp son veteranos case residuais.
Parar a Pargo, Big Sof e Blu deixaría o camiño máis fácil. Sempre pode ter o día algún dos outros como as medias de valoración din. Pode ser Eliyahu que é outro home de rachas como amosou a final de tempada o ano pasado en Baskonia. Son un equipo que o igual que o Real Madrid dominan bastante ben o rebote.
MONTEPASCHI SIENA.
Foi o inquilino máis inesperado da Final Four xa que chegou a cuartos sin as súas dúas máximas estrelas , que volvían de lesións e ademáis recibiu unha tunda de proporcións épicas no primerio partido pero gañou os 3 restantes e aquí está.
O estado de McCalebb aumentara as opcións dos italianos. Foi o Pargo da tempada pasada, que levou a Partizan a case apear en semis a Olympiakos.
Kaukenas, Stonerook, Lavrinovic e Zsisis compoñen o resto no nucleo duro do clube. David Moss, Rakovic e Malik Hairston axudan, como axudou nos cuartos o fichaxe temporal Marko Jaric que foi clave na clasificación.
McCalebb, Kaukenas e Lavrinovic dominan en valoración e puntos neste equipo, que chegara ata onde cheguen eles a non ser de que os secundarios reaccionen como o fixeron en cuartos.
Estudiosos din que é o gran tapado, por ser un equipo tan irregular. A remolque no Top 16 e en cuartos  ademáis enfrontase o favorito, porque non poden dar a sorpresa.
Hairston e Jaric sostuverono cos seus puntos en cuartos, axudaran de novo os cracks do equipo.
Cuns porcentaxes de 76,51 e 36 en tiros de 1,2 e 3, McCalebb marcaba o ritmo antes da lesión, voltara a facelo.
PANATHINAIKOS.
O gran favorito, por todo, por historia, por eliminar o coco Regal Barsa e porque ten dous personaxes no clube que dominan como nadie o xogo. Obradovic no banco e Diamantidis na pista.
Diamantidis, Calathes e Sato son intocables. Vogioukas xogara titular porque Obradovic gusta xogar con Batiste e Maric os seus dous colosos interiores dende o banco. Para a posición de catro diversifica entre Fotsis e Tsartsaris.
Demasiadas opcións ten Obradovic, sempre baixo o mando de Dimitri Diamantidis, pero con Nicholas como outro home importante ademáis dos xa manifestados. Por si fora pouco aínda ten a Milinko Tepic que aínda que apenas xoga e anda coma Velickovic perdido , algún día pode espertar  ou Perperoglu.
As valoracións de Diamantidis por encima dos 18 e de Batiste por encima dos 14 son estratosféricas. Sato , Nicholas ou Fotsis axudan.
A súa potente defensa e Diamantidis son claves, se mostra o nivel de cuartos contra o Barsa son imparables. Traballo para os outros adestradores como paralos.

En definitiva o Maccabi un base americano chupón e un pivot comehomes.
Siena outro base chupón, exteriores que queren xogar por dentro e penetrar e interiores que queren xogar por fora.
O Panathinaikos un base grego controlador e un pouco de todo, equipo completo que gusta de xogar por dentro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario