lunes, 31 de octubre de 2011

Fisober - Sada. 1-0.

LIGA AUTONÓMICA

RESULTADO : FISOBER “ CONCELLO DE VIMIANZO” – SADA. 1-0.

FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO : Eva, Patri, Elsa, Olalla e Barca ; tamén xogaron : Nuria, Ylenia, Noelia e Myrella.


SADA : Marta, Mónica, Laura, Rita e Rebeca ; tamén xogaron : Thais, María  e Zulaima.

Árbitro e Mesa : Jorge Varela e Marí Mallo.

GOL : 1-0 minuto 16 da primeira metade Barca.

Importantísimos tres puntos que se quedaron na casa do Fisober  nun partido que tivo dúas metades ben diferenciadas, unha primeira de dominio e ocasións para as locais e unha segunda que se levaron claramente as visitantes. Cun resultado máis propio do fútbol , un  gol de Barca e a gran actuación da porteira Eva na segunda metade decidiron o partido.

O partido comenzou cunha perda do Fisober e unha ocasión por parte de Laura, case a única para as visitantes nesta metade.

Pero despois deste susto inicial as locais tomaron o mando do partido dispostas a levarse o triunfo ante un equipo visitante con moita experiencia e que ben colocado en defensa tentaba roubar e saír a contra. Algo que nesta metade apenas conqueriron.


O dominio non se materializaba en ocasións nos primeiros minutos ante un Sada ben pechado. Aínda así Barca probou sorte dende lonxe en varias ocasións.

Tamén o tentaban Nuria e Patri, pero non conseguían o ansiado gol. Unha  Patri que cos seus regates era un pesadelo para as visitantes.


E nunha desas xogadas individuais de Patri  foise por banda dereita e cedeu para Barca anotara o gol que a postre valeu a victoria.

Tentaron e mereceron as locais aumentar o resultado antes do fin , pero non puideron.

O tempo de lecer non lles debeu de sentar ben as de Fisober, xa que a segunda metade foi unha historia totalmente diferente.

O Sada seguía o seu, buscando o erro local para saír a contra e conseguirono con innegable perigo. Así  Zulaima probou a Eva os seis minutos. Pouco despois era Laura quen o facía.


Mediada a segunda metade apareceron as mellores ocasión visitantes cando Eva nunha dobre parada frenaba a Zulaima e Laura. E poucos intres despois de novo Laura topabase con Eva.

Tal cantidade de ocasións fixeron crecerse as visitantes que deron un paso adiante na súa presión. Eso abrio un pouco máis o partido para que fora máis de ida e volta.

Pero as locais non eran quen de chegar con claridade ante Marta mentras as visitantes seguían acosando a Eva.


Os últimos minutos Fisober adicouse a contemporizar o xogo e tratar de non perder o balón para quedarse como finalmente foi con tres novos puntos e con catro victorias en cinco partidos que as igualan a puntos co segundo na clasificación.


No hay comentarios:

Publicar un comentario