lunes, 3 de octubre de 2011

Muxía - Xaviña. 3-2.

MUXÍA C.F. : Ángel Luís, Carrera ( min. 57 Santi), Martinciño, Jose Manuel, Currás, Pataca, Juni, Raul ( min. 68 Ramón ), Arxires ( min. 46 Jose Ignacio), Albertiño, Ziro.



XAVIÑA: Pablo, Jallejo, Diego, Sergio, Maikel, Juan Antonio, Búa, Ismael (Brion, min.20 (Adrián, min.85)), Chapu (Elvis, min.30), David (Angel, min.67) e Martín.

GOLES : 1-0 minuto 7 Arxires a pase de Juni, 2-0 minuto 14 Albertiño de tiro lonxano, 2-1 minuto 69 Martín , 2-2 minuto 72 Brión , 3-2 minuto 78 Ziro de tiro cruzado.

Expulsións : Minuto 74 o local Juni por dobre cartón amárelo, e o adestrador e delegado visitantes.

Por fin marcou, puntuou e gañou o Muxía, nun partido que comenzou con marchamo de goleada e acabou gañando de misericordia.

A pesares de que a primeira ocasión foi visitante despois dun lanzamento de falta lateral o resto da primeira metade foi de dominio e control local de principio a fin.

Con Currás seguro en defensa, Juni ordeando no mediocampo e Albertiño incisivo arriba o Xaviña non sabía como conter o aluvión local. Os 7 minutos un pase de Juni foi aproveitado por Arxires para adiantarse o porteiro e entrar a pracer co balón na portería.


O Muxía sentiase cómodo no partido e así unha combinación de Juni e Albertiño non acabou con gol deste último de miragre. Pero na seguinte xogada Albertiño non errou e despois dun gran lanzamento dende a frontal colocou un tranquilizador 2 a 0 no tanteador.

O Muxía segueu domiñando o mediocampo e con el o partido, pero careceu da mordente dos primeiros minutos. Pero tampouco pasou apuros. Non cabe destacar ningunha ocasión de perigo ata que no minuto 43 un lanzamento de Ziro foi enviado a saque de esquina por Pablo de maneira espectacular.


Pero na segunda metade todo cambiou, chegou o habitual baixón físico local que se xuntou con que os xogadores tentaron o lucimento individula en vez de combinar como na primeira metade e compricaronse o partido e de que maneira.

Aínda así no minuto 47 unha fantástica xogada individual de Albertiño deixou a Raul que non chegou para empurrar o balón a gol. Aquí finalizou a armonía local.

O Xaviña pouco a pouco foi gañando enteiros e así no minuto 55 vía como se che anulaba un gol por fora de xogo.


Empezou a ter que aparecer o inédito ata aquel momento Ángel Luís para desbaratar dúas ocasión visitantes  no minuto 62 e 67. Pero no 69 xa non pudo facer nada para evitar o gol de Martín.

E case sin tempo para reaccionar no 72 Brión igualaba o tanteador. Para empeorar as cousas Juni era expulsado no 74 por dobre cartón amarelo a primeira por finxir penalti e a segunda por unha leve falta na medular.

Parecía que tampouco iba chegar a primeira victoria local, pero Ziro aproveitou un erro da defensa do Xaviña para cruzar un balón o fondo da rede ante a ledicia dos siareiros locais.

De ahí ata o final o Xaviña dispuxo dunha grande ocasión e Albertiño de outra para sentenciar.
No minuto 90 o árbitro pitou fora de xogo, parecía non existir , cando se quedaba un xogador visitante solo ante Ángel Luís.


O Muxía gañou o seu  primeiro partido da tempada o día que vio porta por primeira vez e que voltaba Ángel Luís despois da sanción que arrastraba da Copa da tempada pasada. Parece ser que nos próximos días se podería confirmar a volta o clube de Ángel do Claudio e Simón. Na semana que por segunda vez consecutiva  non fixo falla subir xuveniles para completar convocatoria a pesares das lesións, o que da un respiro o adestrador Jesús María en canto o número de xogadores cos que conta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario