lunes, 31 de octubre de 2011

Muxía - Fisterra B. 1-0.

MUXÍA C. F. : Ángel Luís, Carrera, Martinciño, Currás, Jose Manuel, Pataca, Ziro, Ángel do Claudio, Albertiño, Juni e Raul ( minuto 46 Jose Ignacio )



FISTERRA B :  Ángel, Dudo (Diego, min.81), Jorge (Manu, min.80), Pablo, Didier Matalobos (Eloy Sar, min.38), Eddy, Rubia, Tano (Pirri, min.58), Carlos, Rubén Insua, Juanjete (Santi, min.58)

GOL : 1-0 minuto 68 Albertiño de lanzamento de falta directa.

O Muxía conseguía o seu segundo triunfo consecutivo, nunha xornada na que contaba con numerosas baixas e solo un xogador de campo no banco.

O partido foi tolo e emocionante e os porteiros convertironse nos grandes héroes, parando o imparable e xunto a falta de definición dos dianteiros fixo que o resultado fora o 1 a 0 en vez dunha igualada a cinco ou seis goles que podería  darse sin problema ningún.


O filial do Fisterra propuxo un partido aberto e con moitas ocasións acorde ca xuventude e atrevemento dos seus xogadores.

Si no minuto 1 Juni lanzaba o pau unha falta, a seguinte xogada era Ángel Luís o que tiña que frenar os visitantes.

E este ida e volta seguiu así perante todo o encontro. O porteiro visitante no minuto 27 consagrouse cunha triple parada a Ziro, Pataca e Raul. Pouco despois era Ziro o que se topaba de novo co gardameta visitante.


O Fisterra tamén tiña as súas pero Ángel Luís foi intratable no man a man. Cando se acariciaba o tempo de lecer Ángel do Claudio disparaba o longueiro.

A segunda metade comenzou con tres mans a mans case seguidos que Ángel Luís adivinaba os dianteiros  visitantes. Ahí viuse a veteranía a pesares da xuventude  dun e a bisoñez doutros ,que os privou dun mellor resultado , nestes temas.


Ziro desperdiciaba unha clara ocasión para o Muxía. E no minuto 68 Albertiño de gran lanzamento de falta conseguía o gol da victoria. Unha falta  na que o árbitro sinalou man do defensa do Fisterra , as mans son directas no regulamento por moito que protesten dende Fisterra. Certo é que levantou a man o sinalala, acto reflexo?, pero nin cando contou os pasos nun primeiro instante, nin cando  se dispuña a lanzar por primeira vez  Albertiño, nin despois de que voltara a contar os pasos xa que a barreira non estaba a distancia o colexiado tivo a man levantada.

Aproveitando a situación os locais gozaron de innumerables ocasións a contra pero nin Pataca, nin Albertiño , nin Juni daban tranquilidade a parroquia da Arliña.

Co cal Ángel Luís aínda tiña que facer dúas grandes intervención para deixar os tres puntos na casa, por medio unha nova ocasión de Albertiño, antes da visita do martes a outro filial o Soneira B.

No hay comentarios:

Publicar un comentario